Cintruénigo

concello de Navarra

Cintruénigo é un concello de Navarra situada no meiriñado de Tudela, a 99 km de Pamplona. Esta bañado polas augas do río Alhama e limita cos termos municipais de Corella, Fitero e Tudela.

Modelo:Xeografía políticaCintruénigo
Citruénigo (es)
Zinderuheinigo, Zinderoneko (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°04′48″N 1°48′18″O / 42.08, -1.805Coordenadas: 42°04′48″N 1°48′18″O / 42.08, -1.805
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalCintruénigo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.265 (2023) Editar o valor em Wikidata (233,47 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35,4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude393 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoRaquel Garbayo Berdonces Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31592 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE31072 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcintruenigo.com Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Barrios editar

Nesta localidade hai varios barrios que foron evolucionando co tempo. Desde a zona vella, onde se sitúan o concello e a igrexa, a localidade foise extendendo. Cara ao norte, indo pola antiga estrada de Pamplona, as adegas de Julián Chivite e Cirbonera levaron a formar un barrio denominado La Jamaica, formado por varias rúas de vivendas unifamiliares; actualmente, esta zona está en grande expansión. Subindo cara á estrada de Madrid atópase o barrio de Corella, case ao final da vila.

Localidades limítrofes editar

Agricultura editar

Como produtos típicos atopamos produtos de horta como o espárrago, ou a alcachofa de penca (variedade distinta da alcachofa típica).

O cultivo da vide é de grande importancia cultural e económica na cidade e posúe varias adegas que como a de Julián Chivite Marco, de prestixio internacional.

A oliveira e o seu aceite virxe de gran calidade.

Industria editar

A principal industria cirbonera é o Alabastro, actividade que na actualidade está reducindo a súa importancia debido á competencia da China

Administración editar

Lista de alcaldes
2007 - Adolfo Navascués PSN
1995 - 2007 Faustino León Chivite UPN
1987 - 1995 Carlos Chivite Cornago PSN
1985 - 1987 Jose Luís Pérez Garbayo
1984 - 1985 Cecilio Fernández Recuncho
1979 - 1984 Daniel Martín Martínez
1976 - 1979 Angel Chivite Moreno
1959 - 1976 José Recuncho Bea
1955 - 1959 Emilio Marín Calavia
1939 - 1948 Enrique Latillade Aisa
1936 - 1939 Primitivo Igea Lauroba
1936 - 1936 Jose Ortega Ucedo
1933 - 1936 Faustino León Arroio
1930 - 1933 Victoriano Navascués Chivite
1923 - 1927 Leopoldo Sada Marín
1922 - 1923 Victoriano Navascués Chivite
1916 - 1920 Serafín Garbayo Navascués
1906 - 1909 Rafael Chivite Tainta
1904 - 1905 Galo Recuncho Pérez

Demografía editar

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1999 2005 2008
3.959 3.586 3.753 3.689 3.846 4.211 4.110 4.601 5.082 5.080 5.589 6.725 7.332

Monumentos editar

  • Igrexa San Juan Bautista, Ermida da Purísima (primeira ermida dedicada á Purísima en España) [cando?]

Gastronomía editar

Son pratos típicos de Cintruénigo:

  • Espárragos con ovos escalfados
  • Faragullas doces
  • Fabas pochas
  • Cardo branco en ensalada
  • Soaxe con patacas

Festas editar

  • 24 de xaneiro: Festa da Virxe da Paz.
  • 3 de maio: Procesión dos Ballesteros da Santa Cruz.
  • 24 de xuño: San Juan. Comida no río.
  • Do 7 ao 13 de setembro. Festas patronais en honra da Virxe da Paz.
  • 1 de maio: Festas da mocidade

Véxase tamén editar

Outros artigos editar