Cifras e letras

Adaptación ao español do programa de televisión francés "Des chiffres et des lettres" creado por Armand Jammot

Cifras e letras foi un programa-concurso de preguntas e respostas emitido pola Televisión de Galicia. Estaba inspirado no programa francés Des chiffres et des lettres, de mediados da década de 1960. Entre 1991 e 1996 houbo unha versión en español, emitida en La 2 de Televisión Española.

Cifras e letras
Producido por TVG con Centroña P.A. e CTV
Presentado por Paco Lodeiro
Cadea TVG

Na rede
http://crtvg.es/programas/?m=1&p=1
IMDB: tt0375280 Editar o valor em Wikidata

O programa, das produtoras CTV S.A. e Centroña PC, estaba presentado por Paco Lodeiro, coa colaboración técnica da escritora María Canosa (que substituíu a Yolanda Castaño desde o 21 de setembro de 2011)[1] e do físico Jorge Mira, ela como experta en letras e el como experto en cifras. Emitiuse dende o 13 de febreiro de 2006, de luns a venres ás 15:30, ata principios de 2013. Foi substituído polo concurso Verbas van, co mesmo presentador e colaboradores.

Mecánica editar

En cada programa participaban dous concursantes. Tiñan que pasar trece probas, oito de letras, catro de números e unha a medio concurso chamada O duelo. En cada proba sumaban de 1 a 18 puntos e gañaba quen tivese máis ao final do programa, recibía 500 euros e volvía no programa seguinte. Quen perdía levaba para a casa un dicionario de galego de Edicións Xerais, a obra de referencia do concurso para as probas de letras.

En caso de que ao rematar o programa os dous concursantes estean empatados, reciben cada un 250 euros e volven o día seguinte. Cambian de sitio con respecto ao día anterior e, polo tanto, teñen quendas diferentes.

A orde das probas é a seguinte: cifras, letras, letras, cifras, letras, letras, duelo, cifras, letras, letras, cifras, letras, letras. Agás no duelo, os concursantes van alternando as quendas. En caso de empate en cada proba, ten preferencia a persoa que está no uso da súa quenda.

Cifras editar

Un programa informático xera seis cifras aleatorias e dá un número comprendido entre o 101 e o 999. Gaña o concursante que en 45 segundos atope o número exacto ou que máis se achegue. Se acha o exacto, recibirá nove puntos; se non, serán seis.

Para atopar o número exacto, o concursante terá que combinar as seis cifras de que dispón, utilizando as catro regras básicas: sumar, restar, multiplicar ou dividir. Se repite un número ou o que dá non se corresponde co que realmente logrou, perde a quenda, que pasa ao seu rival. Se este incorre nos mesmos erros, ningún dos dous puntúa.

O programa informático utiliza catorce números: do 1 ao 10, o 25, o 50, o 75 e o 100.

Letras editar

Os concursantes haberán de crear unha palabra coas nove letras que xera un programa informático, sen repetir ningunha das proporcionadas (o que non impide que o programa xere dúas ou máis letras iguais). Dispoñen para iso dun tempo de 30 segundos. Ten dereito a dicir a súa combinación o que ache a palabra máis longa; en caso de empate, ten preferencia o que ten a quenda. Se a palabra está no dicionario de galego de Edicións Xerais, gañará tantos puntos como letras combine. Se para a súa combinación utiliza todas as letras dispoñibles, obterá 18 puntos.

No programa dáse por válido todo o que aparece no dicionario. Así, son válidas as formas prenominais do verbo, os sufixos, os prefixos e, como o taboleiro non ten acentos, tamén palabras sen el aínda que o teñan.

Tanto nas cifras como nas letras, existe a posibilidade de "rebote": se un concursante dá mal un número ou unha palabra, ou esta última non está recollida no dicionario de Xerais, a quenda pasa ao seu rival, sempre que este teña combinado algo. É dicir, se o segundo concursante dixo que non tiña nada nos números ou nas letras, non hai puntos para ningún dos dous.

O duelo editar

O duelo é unha proba de letras que se fai no medio do concurso. En cada programa hai un tema monográfico e esta proba versa sobre el. Os concursantes dispoñen de 30 segundos para atopar dúas palabras determinadas entre as nove letras que pon á súa disposición o programa informático. O que primeiro crea que atopou as palabras haberá de pulsar un avisador. Sempre que estas sexan as procuradas, gañará 10 puntos. Se falla ou se pica o pulsador antes de tempo, os 10 puntos pasan ao seu contrincante.

Historia editar

O programa comezouse a emitir en 2006. O 14 de maio de 2010 chegou ás mil emisións. En total emitíronse 1448 programas na canle autonómica. O programa deixou de emitirse a principios do 2013.

O récord da versión galega teno Fernando González Vázquez, Fer, un profesor de autoescola de Cangas que permaneceu 95 programas[2] e sumou 46.750 euros ata o 27 de febreiro de 2009. En segundo lugar sitúase Martín López Nores, enxeñeiro de Telecomunicacións de Marín, que pouco despois chegou a 59 programas[3]. Fer foi o que estivo máis preto do récord absoluto de Cifras e Letras en España, Francisco Segura, de Almería, quen aguantou 117 programas na versión emitida en Canal Sur 2.

O récord de puntuación nunha soa emisión teno Eva, con 96 puntos. O récord absoluto conseguiuno o devandito Martín cando, no especial polo programa número mil, emitido en dúas partes, sumou 126 puntos.

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor programa de televisión Centroña Producións Audiovisuais, CTV Nomeado

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar