Científico, científica

persoa que estuda as ciencias, que é especialista nalgunha ciencia

Un científico,[1] nun xeito amplo, refírese a calquera persoa que realiza unha actividade sistemática para adquirir coñecemento ou un individuo que encaixa en prácticas e tradicións relacionadas con escolas de pensamento ou filosóficas. De xeito máis restrinxido, científico refírese a individuos que usan o método científico[2]. A persoa pode ser un experto nunha ou máis áreas da ciencia[3]. Estas liñas encaran o uso máis restrinxido da palabra.

O físico Albert Einstein é un dos científicos mellor coñecidos do século XX.

Historia e características editar

Etimoloxía editar

Historicamente, os "filósofos naturais" ou "homes de ciencia"[4][5][6][7], eran homes de coñecemento. A ciencia e a filosofía eran case sinónimos describindo actividades semellantes. William Whewell cruñou o termo científico no 1833 para describir un experto no estudo da natureza, pero esta acepción non tivo grande aceptación ata o século XX,[8][9] no que a noción moderna de ciencia como un xeito especial de información sobre o mundo, practicada por un grupo e levada a cabo a traverso dun método unificado, tivo unha aceptación xeral.

Descrición editar

A ciencia e a tecnoloxía teñen modificado de xeito contínuado a existencia humana. Os científicos inclúen ós teóricos, empregados en xeral en desenvolver novos modelos para explicar os datos existentes e predicir novos resultados, e os experimentais, que testan os modelos obtendo datos mediante medidas – aínda que na práctica moitas veces a división entre ambos non é tan crara – cun conxunto de científicos practicando ambos aspectos.

As Matemáticas son con frecuencia agrupadas coas ciencias. Así, como no caso doutros científicos, os matemáticos comezan con conxecturas (hipóteses) e manexan o que se pode chamar experimentos simbólicos ou computacionais (de cálculo) para testalas. A conexións entre diferentes ciencias fai que algúns dos grandes físicos foran tamén matemáticos creativos. Hai un continuo dende o máis teórico ó máis empírico, de xeito que os científicos non teñen por que axustarse a uns límites precisos. En termos de personalidade, interese, formación e actividade profesional, hai pouca diferenza entre a xente que practica as matemáticas aplicadas e aquela outra que o fai coa física teórica.

Os científicos poden ser motivados de diferente xeito. Moitos teñen un desexo de coñecemento do mundo, de saber por que é como o vemos, como evolucionou e como evolucionará. Amosan unha forte curiosidade sobre a realidade. Outras motivacións son o recoñecemento entre pares e o prestixio, ou o desexo de aplicar o coñecemento científico en beneficio da saúde da xente, das nacións, do mundo, da natureza, da industria... Por suposto, tamén o benestar persoal e a súa persecución poden formar parte das motivacións.

A ética do científico ten sido ó longo da historia abondo venerada, aínda que teñen aparecido casos de flagrante engano á comunidade científica, casos que en xeral se teñen mantido pouco tempo ata o seu descubrimento. Suxeriuse que os científicos deben facer honra dun “Xuramento Hipocrático para Científicos”.

Científicos e enxeñeiros editar

Enxeñeiros e científicos confúndense a miúdo na mente do público en xeral, debido á visibilidade da ciencia aplicada. Mentres os científicos exploran a natureza para o descubrimento de principios xerais, os enxeñeiros aplican os principios establecidos no campo científico para o desenvolvemento de solucións económicas a problemas técnicos,[10][11] aínda que moitas veces os campos de ambos teñan límites confusos e sexa habitual a colaboración entre ambos grupos por necesidade mutua, desdebuxando así aínda máis os mesmos. En resumo a idea é que os científicos estudan cousas mentres que os enxeñeiros deseñan cousas. Cabe remarcar de novo que hai moitas circunstancias nas que son feitos avances fundamentais en ambos campos polo mesmo individuo. Os científicos a miúdo desenvolven tarefas de enxeñaría no deseño de equipo experimental e na construción de prototipos, e algúns enxeñeiros fan investigación científica de primeira orde. Os enxeñeiros mecánicos, eléctricos, químicos ou aeroespaciais están a miúdo na primeira liña da investigación científica de novos fenómenos e materiais. Unha ilustración sobre esta relación pode ser Peter Debye, quen obtivo a graduación en enxeñaría eléctrica e un doutoramento en física antes de ser galardoado co Premio Nobel en química. Ou Paul Dirac, un dos fundadores da Mecánica cuántica, quen comezou como enxeñeiro eléctrico antes de estudar matemáticas e rematou como físico teórico. Ou Claude Shannon, enxeñeiro teórico e fundador da moderna teoría da información.

Científicos históricos editar

 
Retrato de Louis Pasteur na súa vellez.

Un vello “método científico” que puxo énfase na experimentación foi usado por primeira vez por Ibn al-Haytham (Alhazen), médico e científico xeralista Iraquí, arredor do ano 1021 (D.C.) no seu libro Libro de Optica, sendo descrito por iso como "primeiro científico".[12]

Hai notables exemplos doutra xente que se moveu en diversas disciplinas, o que despois de deu en chamar 'home do renacemento' ('Polímata'), que foron relativamente abundantes durante a Idade de ouro islámica e o Renacemento europeo. Moitos destes sabios xeralistas foron tamén relixiosos: por exemplo, Alhacén e al-Biruni, ou os médicos e xeralistas Avicena e Ibn al-Nafis no mundo musulmán; o astrónomo e físico Nicolás Copérnico e Gregorio Mendel, o fundador da moderna xenética ó dar coas leis básicas de herdanza que posibilitaron a explicación das observacións de Charles Darwin sobre a evolución, na Europa cristiá.

Descartes non foi só un pioneiro da xeometría analítica senón que formulou unha teoría da mecánica e avanzou ideas sobre as orixes do movemento animal e da percepción. A Visión interesou asemade ós físicos Thomas Young e Hermann von Helmholtz, que tamén estudou óptica, audición e música. Isaac Newton estendeu a matemática de Descartes inventando o cálculo (de xeito contemporáneo a Gottfried Leibniz); asemade deseñou unha formulación comprensiva da mecánica clásica e investigou a luz e a óptica. Joseph Fourier fundou unha nova rama das matemáticas — sobre as series infinitas e periódicas — estudou a calor, o seu fluxo e a radiación infravermella, e descubriu o efecto invernadoiro. John von Neumann, Alan Turing, Aleksandr Khinchin, Andrei Markov e Norbert Wiener, todos eles matemáticos, fixeron grandes contribucións á ciencia e teoría da probabilidade, incluíndo ideas sobre ordenadores, e algúns dos fundamentos da mecánica estatística e da mećanica cuántica. Moitos científicos con tendencia ás matemaicas, incluído Galileo Galilei, foron tamén músicos.

A finais do século XIX, Louis Pasteur, químico orgánico, descubriu que os microorganismos poden causar enfermidades. Poucos anos antes, Oliver Wendell Holmes, Sr., o médico, poeta e ensaísta norteamericano, notou que a infección nas mulleres de parto era producida polos doutores e comadroas que as atendían (parece ser que catro anos antes que Semmelweis en Europa. Hai moitas historias relacionadas en medicina e bioloxía, como sobre o desenvolvemento de ideas sobre a circulación do sangue, de Galeno a Harvey. O florecemento da xenética e bioloxía molecular so s.XX está repleto de nomes famosos. Así, Ramón y Cajal obtivo o Premio Nobel no 1906 polas súas senlleiras observacións en neuroanatomía.

Hai quen ve unha dicotomía entre as ciencias “experimentais” e as consideradas puramente “observacionais” como a astronomía, meteoroloxía, oceanografía ou sismoloxía. Pero os astrónomos teñen feito investigación básica en óptica, desenvolto dispositivos de carga acoplada, en décadas recentes teñen postulado probas espaciais para o estudo doutros planetas, ademais de usar o Telescopio Espacial Hubble para probar as teorías sobre a orixe do Universo hai arredor de 14 miles de millóns de anos. A Espectroscopia de microondas ten agora identificadas ducias de moléculas orgánicas no espazo interestelar, o que require de experimentación no laboratorio e simulación informática para confirmar os datos observacionais e comezar unha nova rama da química. A modelaxe informática e os métodos numéricos son técnicas requiridas para o seu estudo na formación en cada campo da cienciacuantitativa.

Quen considera a ciencia como unha carreira en desenvolvemento, a miúdo mira cara ás súas fronteiras, que inclúen áreas en tódolos campos, especialmente nalgúns como a cosmoloxía ou a bioloxía (especialmente a bioloxía molecular e o proxecto xenoma humano). Outras áreas de investigación activa inclúen a exploración da materia a escala das partículas elementais como son descritas a través da física de altas enerxías, e a nanotecnoloxía, que procura desenvolver a electrónica, incluíndo os ordenadores cuánticos e a intelixencia artificial. Asemade, ten habido descubrimentos remarcables en relación co funcionamento do cerebro e os neurotransmisores, permanecendo como fronteiras a natureza da mente e o pensamento humano.

Tipos de científicos editar

Entre outras moitas categorías antigas e que seguen a xurdir,

Arqueólogo
Astrónomo
Biólogo
astrobiólogo, botánico, entomólogo, ecólogo, xenetista, ictiólogo, inmunólogo, microbiólogo, neurólogo, ornitólogo, paleontólogo, patólogo, farmacólogo, fisiólogo, zoólogo
Químico
bioquímico
Científico da computación
Científico da Terra
xeólogo, minerálogo, sismólogo, vulcanólogo, hidrólogo, glaciólogo, limnólogo, meteorólogo, oceanógrafo
Matemático
Biomédico
Filósofo
Físicos
Óptico
Psicólogo
Científico social
antropólogo, demógrafo, economista, xeógrafo, sociólogo

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para científico, científica.
  2. Isaac Newton (1687, 1713, 1726). "[4] Rules for the study of natural philosophy", Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica, Third edition. The General Scholium containing the 4 rules follows Book 3, The System of the World. Reprinted on pages 794-796 of I. Bernard Cohen and Anne Whitman's 1999 translation, University of California Press ISBN 0-520-08817-4, 974 pages.
  3. Oxford English Dictionary, 2nd ed. 1989
  4. Nineteenth-Century Attitudes: Men of Science. http://www.rpi.edu/~rosss2/book.html
  5. Friedrich Ueberweg, History of Philosophy: From Thales to the Present Time. C. Scribner's sons v.1, 1887
  6. Steve Fuller, Kuhn VS. Popper: The Struggle For The Soul Of Science. Columbia University Press 2004. Page 43. ISBN 0-231-13428-2
  7. Science by American Association for the Advancement of Science, 1917. v.45 1917 Jan-Jun. Page 274.
  8. "William Whewell (1794-1866) gentleman of science". Consultado o 2007-05-19. 
  9. Tamara Preaud, Derek E. Ostergard, The Sèvres Porcelain Manufactory. Yale University Press 1997. 416 pages. ISBN 0-300-07338-0 Page 36.
  10. National Society of Professional Engineers (2006). "Frequently Asked Questions About Engineering". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2006. Consultado o 2006-09-21.  Science is knowledge based on observed facts and tested truths arranged in an orderly system that can be validated and communicated to other people. Engineering is the creative application of scientific principles used to plan, build, direct, guide, manage, or work on systems to maintain and improve our daily lives.
  11. Bureau of Labor Statistics, U.S. Department of Labor (2006). "Engineers". Occupational Outlook Handbook, 2006-07 Edition. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2006. Consultado o 2006-09-21. 
  12. Bradley Steffens (2006). Ibn al-Haytham: First Scientist, Morgan Reynolds Publishing, ISBN 1-59935-024-6.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Para afondar (en inglés)