En astronomía e co establecemento dos calendarios, o ciclo de Metón ou ciclo metónico é un común múltiplo aproximativo dos períodos orbitais da Terra e da Lúa. En efecto, 19 anos tropicais e 235 meses sinódicos non difiren máis que en 2 horas; por iso é polo que despois de 19 anos, as mesmas datas do ano se corresponden coas mesmas fases da Lúa.

Sistema Solar Heliocéntrico.
Por exemplo, durante o ciclo metónico de 19 anos, a lúa chea repítese o día de Nadal ou preto del entre 1711 e 2300.[1][2] Unha pequena libración horizontal é visíbel comparando as súas aparencias. Unha cor vermella mostra lúas cheas que tamén son eclipse lunars.

O posto dun ano neste ciclo chámase número áureo, quizais porque era gravado cada ano nos alicerces dun templo en Atenas e é utilizado para o cálculo da data de Pascua. O nome de ciclo metónico provén do astrónomo grego Metón [3], quen sinalara xa esta coincidencia ao redor do -432, como o fixo o astrónomo caldeo Kidinnu cara ao -380. Pero os escritos cuneiformes parecen indicar que este ciclo era xa coñecido en Mesopotamia desde o século -VI e era utilizado para predicir as eclipses.[4]

O ciclo de Metón é empregado nos calendarios lunisolares. En efecto, nun calendario lunisolar típico, a maior parte dos anos son anos lunares de 12 meses, pero 7 dos 19 anos posúen un mes suplementario, coñecido co nome de mes intercalar ou embolismico.

Nos calendarios babilonios e hebreos antigos, os anos: 3, 6, 8, 11, 14, 17 e 19, son anos de trece meses do ciclo metónico.

Existen igualmente outros dous ciclos similares: o octaeteris (8 anos ≈ 99 lunacións, cf. calendario ático) e o tritos (11 anos ≈ 136 lunacións).

O ciclo metónico está igualmente próximo (a medio día case) de 255 meses draconíticos. É pois igualmente un ciclo de eclipses, que dura soamente 4 ou 5 eclipses. O tritos, próximo a 146,5 meses draconíticos, é un mellor ciclo de eclipses.

Notas editar

  1. Rare Full Moon on Christmas Day, NASA
  2. Ask Tom: How unusual is a full moon on Christmas Day?
  3. "Etnoastronomía del calendario céltico en Galicia" (PDF). Anuario Brigantino (p.69). Consultado o 11-2-2022. 
  4. "Kidinnu and ancient Babylonian astronomy". ircamera.as.arizona.edu. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 2022-02-11. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar