Ciarán de Clonmacnoise

Ciarán Mac an Tsair,[2] [3]máis coñecido como san Ciarán de Clonmacnoise, nado no 516 no condado de Roscommon, Connacht, na actual Irlanda e finado no 549[4] foi un dos máis fieis seguidores da orde silberiana e especúlase que puido ser o creador desta. Foi chamado como Ciarán o mozo para distinguilo de San Ciarán de Saighir. Foi un dos Doce Apóstolos de Irlanda.[5]

San Ciarán de Clonmacnoise
Imaxe de san Ciarán de Clonmacnoise na igrexa de san Brandán.
Pasamentoc. 549 en Clonmacnoise, Irlanda
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Igrexa ortodoxa
Comuñón Anglicana
Festividade9 de setembro
Patrón/a deConnacht[1]

Traxectoria editar

Cirán foi alumno de san Finnian na abadía de Clonard.[6] Deixou Clonard polas Illas Aran onde estudou baixo o mandato de Enda de Arán, que o acompañou na construción da igrexa e o mosteiro no centro de Irlanda.[2] No ano 545 fundou o mosteiro de Clonmacnoise.[7] Morreu un ano despois por mor da peste aos trinta anos.[2]

A lenda conta que foi a súa vaca, que levou con el como medio de pago cando se foi de Clonard, e deu leite a todos na Abadía, a que lle forneceu o pergamiño para o leabhar na hUidre (Libro da Vaca Parda), unha das máis antigas coleccións literarias irlandesas, compiladas por un escriba antes de 1106.[3]

Notas editar

  1. Challoner, Richard. A Memorial of Ancient British Piety: or, a British Martyrology, p. 127. W. Needham, 1761. Consultado o 14 de marzo de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 Healy, John (1 de marzo de 1908). Abbey and School of Clonmacnoise. The Catholic Encyclopedia IV (New York: Robert Appleton Company). Consultado o 9 de febreiro de 2008. 
  3. 3,0 3,1 Scherman 1981, p. 123.
  4. Monahan, John (1886). Records Relating to the Dioceses of Ardagh and Clonmacnoise. M.H. Gill and Son. p. 52. 
  5. Gratton-Flood, W.H. (1 de marzo de 1907). The Twelve Apostles of Erin. The Catholic Encyclopedia I (New York: Robert Appleton Company). Consultado o 9 de febreiro de 2008. 
  6. Haggerty, Bridget. "St. Kieran of Clonmacnoise", Irish Culture and Customs
  7. Farmer, David Hugh (1997). The Oxford dictionary of saints (4th ed.). Oxford [u.a.]: Oxford Univ. Press. pp. 102. ISBN 9780192800589. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar