Chuza!

rede social galega

Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento. O proxecto pasou entón a mans da comunidade de usuarios, que reabriron a rede social ás poucas semanas e constituíronse en asociación cultural o 16 de outubro do mesmo ano[1].

Chuza!
Logo
Tipoweb social de noticias
Data de fundación20 de febreiro de 2006
Na rede
http://chuza.org, http://chuza.gal e http://chuza.gl
editar datos en Wikidata ]

Historia e descrición editar

O sistema é un fork do software orixinal de Menéame desenvolvido por Ricardo Galli coma un clon de Digg.

"Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor"
Sitio web de Chuza![2].

Os usuarios, rexistrados ou non, filtran, valoran e comentan historias que proveñen de diferentes fontes de información tanto galegas como internacionais. En xullo de 2010, no seu peche había 5.710 usuarios rexistrados, 76.257 historias enviadas, e as historias recibiran 231.231 comentarios.

 
Final da primeira etapa de Chuza! no fedello.

O 22 de marzo de 2010 mudou o dominio de chuza.org a chuza.gl[3]. O 24 de xullo de 2010 anunciou o seu peche, que se materializaría o día seguinte, o 25 de xullo[4]. Uns meses despois, un grupo de antigos usuarios recuperou o dominio e creou unha asociación coa finalidade de recuperar a web[5].

Funcionamento editar

Os usuarios rexistrados envían historias a Chuza! desta forma:

  • A fonte orixinal ten que ter unha URL que é enviada a Chuza! por medio dun proceso de envío[6] de 3 pasos onde se describe a nova mediante título, tags, resumo e categorías.
  • Ao final do envío da nova esta pasa a unha lista de pendentes, onde outros usuarios a votan positiva ou negativamente, de forma que a nova vai aumentando o seu "karma".
  • Un proceso de cálculos matemáticos recorrentes en base a unha serie de algoritmos de análise social decide se as novas teñen suficientes votos para pasar á portada da web. Eses procesos tamén fan unha repartición do karma entre os usuarios aumentando ou diminuíndo ese valor que indica a "importancia" dun usuario na comunidade.

Notas editar

  1. Chuza comezará a renacer este sábado, Galicia Confidencial (13/10/2010), consultado o 19 de maio de 2011
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2007. 
  3. ""chuza.org é agora chuza.gl"". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  4. ""Chuza pecha"". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  5. Chuza! prepara a súa volta Arquivado 20 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 17/10/2010.
  6. http://chuza.gl/submit.php[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar