Christian Pulisic
Christian Mate Pulisic, nado o 18 de setembro de 1998 en Hershey, Pensilvania, é un futbolista estadounidense que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea FC da Premier League inglesa.
Christian Pulisic | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Christian Mate Pulisic | ||
Nacemento | 18 de setembro de 1998 (25 anos) | ||
Lugar de nacemento | Hershey | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Mediapunta / Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Chelsea | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2006 | Brackley Town | ||
2006–2007 | Michigan Rush | ||
2008–2015 | PA Classics | ||
2015–2016 | Borussia Dortmund | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2019 | Borussia Dortmund | 81 | (10) |
2019– | Chelsea | 15 | (5) |
2019 | → Borussia Dortmund (cedido) | 9 | (3) |
Selección nacional | |||
2012–2013 | Estados Unidos sub-15 | 28 | (21) |
2013–2015 | Estados Unidos sub-17 | 34 | (28) |
2016– | Estados Unidos | 34 | (14) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 26 de decembro de 2019. Selección: actualizado a 16 de outubro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Biografía editar
Pulisic creceu en Hershey, Pensilvania. O seu pai, Mark Pulisic, xogou fútbol sala profesional para o Harrisburg Heat nos anos 1990. Pulisic creceu xogando para o equipo xuvenil PA Classics, do mesmo xeito que adestrando en ocasións co equipo profesional local dos Harrisburg City Islanders na súa adolescencia. Alí pescoulle o Borussia Dortmund, con só 16 anos de idade. Antes estivo en Detroit, onde o seu pai foi manager xeral dos Detroit Ignition. Curiosamente, á idade de sete anos, viviu en Inglaterra e durante unha tempada xogou nos equipos infantís do Brackley Town Football Club.
Traxectoria editar
Borussia Dortmund editar
Tempada 2015-16 editar
Pulisic fichou co Borussia Dortmund alemán o 4 de xaneiro de 2015 aos seus 16 anos, e o equipo asignouno de inmediato ao seu equipo xuvenil sub-19. Logo de anotar 10 goles e entregar 8 asistencias en tan só 15 partidos cos equipos xuvenís do club, Pulisic foi incorporado ao primeiro equipo durante o inverno a finais de 2015.[1][2] Anotou un gol e asistiu noutro en dous partidos de preparación para a segunda parte da tempada 2015-16.[3] Fixo o seu debut profesional na 1. Bundesliga poucos días despois, ingresando no segundo tempo nunha partida fronte ao FC Ingolstadt 04 o 30 de xaneiro de 2016, en substitución de Adrián Ramos.[4] Semanas máis tarde faría o seu debut como titular na Bundesliga na vitoria 1-0 do Dortmund sobre o Bayer Leverkusen nun partido da 1. Bundesliga.[5][6] Anotou o seu primeiro gol como profesional o 17 de abril de 2016 na vitoria 3-0 sobre o Hamburgo SV pola 1. Bundesliga.[7] Tras a súa boa actuación nese partido, Pulisic foi incluído no equipo estelar da semana 30 da 1. Bundesliga.[8]
Tempada 2016-17 editar
Pulisic iniciou a tempada 2016/17 anotando un gol nun partido ante o Manchester City a finais de xullo de 2016.[9]
Selección nacional editar
Seleccións inferiores editar
Pulisic representou aos Estados Unidos nas categorías sub-15 e sub-17. Pulisic foi o capitán da selección sub-17 na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2015 en Chile, onde anotou un gol e obtivo unha asistencia en tres partidos.[10] En total, Pulisic anotou 20 goles en 34 partidos nesta categoría.
Selección absoluta editar
En marzo de 2016, o Borussia Dortmund anunciou que Pulisic fora convocado por primeira vez á selección maior dos Estados Unidos con miras a dous partidos de eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 2018 ante Guatemala. No entanto, non se puido unir de inmediato ao equipo debido a un arrefrío.[11] O adestrador da selección norteamericana fixo oficial a súa convocatoria cando o incluíu no equipo para o segundo partido fronte a Guatemala o 27 de marzo.[12] Debutou nese partido, ingresando no segundo tempo e converténdose no futbolista estadounidense máis novo en disputar un partido clasificatorio á Copa Mundial de Fútbol para ese país.[13]
Pulisic volveu facer historia meses despois, ao converterse no futbolista máis novo en anotar un gol a súa selección o 28 de maio de 2016 nun amigable fronte a Bolivia[14] Pouco despois, en xuño de 2016, foi confirmado entre os 23 xogadores que disputaron a Copa América Centenario cos Estados Unidos nese ano.[15]
Club | País | PJ | Goles | Período |
---|---|---|---|---|
Selección estadounidense | Estados Unidos | 11 | 3 | 2016 - Presente |
Participacións en Copas do Mundo editar
Mundial | Sede | Resultado | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Copa Mundial Sub-17 de 2015 | Chile | Fase de Grupos | 3 | 1 |
Participacións na Copa América editar
Copa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa América Centenario (2016) | Estados Unidos | 4° |
Clubs editar
Club | País | Ano |
---|---|---|
Borussia Dortmund | Alemaña | 2016 - Presente |
Estatísticas editar
Actualizado o 13 de maio de 2017. [16]
Club | Div | Tempada | Liga | Copas Nacionais | Torneos internacionais(1) | Total | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||||||
Borussia Dortmund | ||||||||||||||
1ª | ||||||||||||||
2015-16 | 9 | 2 | 0 | 0 | 3 | 0 | 12 | 2 | ||||||
2016-17 | 28 | 3 | 3 | 1 | 10 | 1 | 41 | 5 | ||||||
Total club | 37 | 5 | 3 | 1 | 13 | 1 | 53 | 7 | ||||||
Total carreira | 37 | 5 | 3 | 1 | 13 | 1 | 53 | 7 | ||||||
(1)Inclúe datos da liga Europa da UEFA (2015/16)
|
Notas editar
- ↑ http://www.mlssoccer.com/post/2016/01/31/who-us-international-christian-pulisic-and-how-did-he-make-borussia-dortmund-first
- ↑ "Der nächste Schritt für Passlack und Pulisic".
- ↑ "Christian Pulisic scores in Dortmund win".
- ↑ "American 17-year-old Christian Pulisic makes Bundesliga debut for Dortmund". ESPN FC.
- ↑ Steven Geoff. "American teenager Christian Pulisic makes first Bundesliga start".
- ↑ Associated Press. "Bundesliga: Leverkusen falls to Dortmund after delay; Pulisic starts".
- ↑ Stefan Buczko. "Christian Pulisic scores first goal for Dortmund in win vs. Hamburg".
- ↑ "The Essentials: Matchday 30".
- ↑ "Christian Pulisic scores last-second equalizer vs. Manchester City".
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2017.
- ↑ "UPDATED: Where in the world is Christian Pulisic?".
- ↑ Ryan Rosenblatt. "American starlet Christian Pulisic gets first USMNT call-up".
- ↑ "Borussia Dortmund's Christian Pulisic happy after U.S. senior team debut".
- ↑ "Hershey's Pulisic is youngest to score for USMNT".
- ↑ "KLINSMANN NAMES 23 PLAYER ROSTER FOR HISTORIC COPA AMERICA CENTENARIO".
- ↑ "Christian Pulisic - Performance data".
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil de Christian Pulisic en transfermrkt.co.uk (en inglés)
- Ficha de Christian Pulisic en fichajes.com (en castelán)
- Ficha en Mundodeportivo.com (en castelán)