Christian Díaz

baloncestista español

Christian Díaz Rodríguez, nado o 23 de marzo de 1992 nas Palmas, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Covirán Granada da Liga LEB Ouro, no que xoga na posición de base cunha altura de 1,84 metros.

Christian Díaz
Covirán Granada  – No. 14
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1992 (32 anos)
España As Palmas, España
Altura 1,84 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 80 kg (176 lb)
Posición Base
Información da carreira
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Gran Canaria (2010) EBA
UB La Palma (2010–2012)
Gran Canaria (2012–2013)
Basket Navarra (2013–2014)
Club Ourense Baloncesto (2014–2015)
Peñas Huesca (2015–2016)
Club Ourense Baloncesto (2016–2017)
Breogán (2017−2020)
Fundación CB Granada (2020−presente)

Traxectoria editar

Nado nas Palmas de Gran Canaria, Christian Díaz formouse na canteira do CB Gran Canaria, principal club de baloncesto da súa cidade natal. No equipo canario consegue chegar a debutar no filial de Liga EBA en 2010. Posteriormente, é ascendido ao UB La Palma, equipo vinculado ao Gran Canaria en LEB Ouro, onde permance durante dúas temporadas. No seu segundo ano consegue unhas medias de 7,1 puntos e 1,8 asistencias, contribuíndo a que o equipo xogase o playoff. Nas eliminatorias é capaz de aumentar a súa achega, conseguindo nos catro partidos que disputa 8,5 puntos e 4,3 asistencias de media. Con todo, na seguinte camapaña o equipo desaparece e Días regresa ao filial do Gran Canaria, esta vez en LEB Prata. Porén, o 5 de febreiro, antes de terminar a temporada, regresa á LEB Ouro da man do Planasa Navarra.

No conxunto pamplonica permanece unha tempada máis, facendo nesta segunda temporada 7,5 puntos, 2,6 asistencia e 2,3 rebotes por partido. Ao ano seguinte asina polo Club Ourense Baloncesto, onde consegue gañar as eliminatorias polo ascenso á Liga ACB. No equipo ourensán xoga unha media de aproximadamente 14 minutos por encontro con 4,2 puntos, 1,5 rebotes e 0,9 asistencias de media. Ao ano seguinte asina polo CB Peñas Huesca, para na temporada 2016−17 regresar ao Ourense, onde goza de moito máis protagonismo que na súa anterior etapa. De feito, a súa media de minutos por partido pasa a ser de 27, conseguindo 10,6 puntos, 4,3 asistencias e 2,7 rebotes por encontro. Tras finalizar a campaña, o Club Baloncesto Breogán anuncia a súa incorporación para a temporada 2017−18.

Clubs editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar