Christopher Paul "Chris" Mullin, nado o 30 de xullo de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sétimo posto primeira rolda do Draft da NBA polos Golden State Warriors en 1985, equipo no que pasou a maior parte da súa carreira e que retirou o seu dorsal 17 na súa honra. Alén do equipo californiano, xogou durante tres temporadas nos Indiana Pacers. Actualmente é o adestrador do equipo da NCAA da Universidade de St. John's. Cino veces All-Star, foi incluído por partida dobre no Basketball Hall of Fame: en 2010 como membro do Dream Team e en 2011 pola súa carreira individual. Coa selección dos Estados Unidos gañou dous ouros olímpicos, en 1984 e en 1992.

Chris Mullin
Posición Ala
Dorsal 13, 17
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Nacemento 30 de xullo de 1963 (60 anos)
Estado de Nova York Brooklyn (Nova York)
Carreira
Universidade St. John's
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por
Golden State Warriors
Tempadas 19852001
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     17 911 (18,2 pp)
Rebotes     4 034 (4,1 pp)
Asistencias     3 450 (3,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador
  • St. John's (2015-presente)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos "Red Storm" da Universidade de St. John's, cos que fixo unha media de 19,5 puntos, 4,1 rebotes e 3,6 asistencias por partido. Foi elixido as súas tres últimas temporadas como xogador do ano da Big East Conference, as dúas últimas compartindo o galardón con Patrick Ewing. Foi elixido ademais no segundo quinteto All-America en 1984 e no primeiro en 1985.[1] Na súa última tempada gañou ademais o Premio UPI ao Baloncestista Universitario do Ano, o Trofeo Oscar Robertson e o Premio John R. Wooden.

Profesional editar

Mullin foi elixido na sétima elección da primeira rolda do Draft da NBA de 1985, polos Golden State Warriors. Mullin xogou no equipo de Oakland desde a temporada 1985-86, até a tempada de 1996-97, cando foi contratado polos Indiana Pacers (onde xogou desde 1997 até o 2000), Mullin retirouse do baloncesto na tempada 2000-01, xogando novamente para os Warriors. Durante 5 tempadas consecutivas, Mullin fixo unha media de 25 ou máis puntos e 5 rebotes por partido. Foi 5 veces elixido para o All-Star Game, e foi dúas veces gañador da medalla de ouro olímpica, unha co equipo olímpico afeccionado nos Ánxeles 1984 e a outra en Barcelona 1992, co equipo denominado Dream Team. En abril de 2004, Mullin foi nomeado vicepresidente de operacións baloncestísticas dos Warriors, posición da cal foi relevado en 2009 polo técnico asistente do equipo, Larry Riley. Desde o ano 2015 e adestrador dos "Red Storm" de St. John's.

Logros editar

Notas editar

  1. Sports Reference (ed.). "Consensus All-America Teams (1980 to 1989)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar