Christopher Cornell, nado en Seattle (Washington) o 20 de xullo de 1964 e finado en Detroit (Míchigan) o 17 de maio de 2017,[1] foi un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por ser o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Foi tamén o líder de Temple of the Dog, dende 1990 ata 1992. Comezou a súa carreira musical como batería, antes de converterse en vocalista e guitarrista. Tamén é recoñecido o seu traballo en solitario, editando o seu primeiro álbum, Euphoria Morning, en 1999, e o segundo traballo en xuño do 2007, baixo o título Carry On.

Infotaula de personaChris Cornell

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Christopher John Cornell Boyle Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Christopher John Boyle Editar o valor em Wikidata
20 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHollywood Forever Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Ortodoxa Grega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónShorewood High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura190 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor de cancións , compositor , pianista , produtor musical , músico , cantante , intérprete de banxo , cantautor , mandolinista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Rock alternativo, Hard rock, Grunge, Metal alternativo, Post-grunge, heavy metal tradicional (pt) Traducir, Rhythm and blues, música psicadélica (pt) Traducir e música pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, violín, Batería, baixo, Mandolina, piano, Harmónica e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSub Pop
A&M Records
SST Records
Republic Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSusan Silver (pt) Traducir (1990–2004), divorcio Editar o valor em Wikidata
PaisEdward Boyle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Karen Cornell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPeter Cornell (en) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webchriscornell.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0180225 TV.com: people/chris-cornell
Facebook: chriscornell Twitter: chriscornell Instagram: chriscornellofficial VK: chriscornellclub MySpace: chriscornell Youtube: UCGSAk2j3Vs_tq1Vrowdd7gQ Souncloud: chriscornell Spotify: 0XHiH53dHrvbwfjYM7en7I iTunes: 106336 Last fm: Chris+Cornell Musicbrainz: cbf9738d-8f81-4a92-bc64-ede09341652d Songkick: 516143 Discogs: 261561 Allmusic: mn0000775406 WikiTree: Boyle-2048 Find a Grave: 179448329 Deezer: 8547 Genius: Chris-cornell Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Infancia editar

Cornell naceu e viviu a súa infancia en Seattle, Washington. Os seus pais, de relixión católica irlandesa, son Ed Boyle (farmacéutico) e Karen Cornell (contable). O apelido de Chris era Boyle, pero despois do divorcio dos seus pais, el e os seus irmáns adoptaron o apelido de solteira da súa nai. Chris sufriu dun caso severo de depresión durante a súa adolescencia, cando só en raras ocasións saía de casa. Chegou ao punto de non saír desta durante case un ano completo, no que se dedicou a tocar a batería e a guitarra.

Soundgarden editar

Xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam, Soundgarden converteuse nunha das maiores e máis exitosas bandas da emerxente escena grunge de Seattle. Cornell ficou coñecido pola potencia e rango da súa voz, e polas súas escuras letras a miúdo tratando temas de morte e existencialismo. Soundgarden alcanzou a popularidade en 1991 co seu álbum Badmotorfinger. Usando este éxito como trampolín seguiulle a edición do seu máis aclamado traballo, Superunknown, editado en 1994, con 7 millóns de copias vendidas en todo o mundo e co cal Soundgarden gañou dous premios Grammy. O seu derradeiro traballo, Down on the Upside, editouse no ano 1996, un ano antes da disolución da banda.

Carreira en solitario editar

En 1998 comezou a traballar nun álbum en solitario no que colaborou con Alain Johannes e Natasha Shneider da banda Eleven. O álbum, Euphoria Morning, editouse o 21 de setembro de 1999 pero non tivo éxito comercial a pesar de que o sinxelo "Can't Change Me" foi nomeado a un premio Grammy. Cornell tamén contribuíu co tema "Sunshower" á banda sonora do filme de 1998 Great Expectations, e unha versión de "Mission", chamada "Mission 2000", usouse na película do 2000 Mission: Impossible II.

Discografía editar

Soundgarden editar

Artigo principal: Discografía de Soundgarden.

Temple of the Dog editar

En solitario editar

Audioslave editar

Bandas sonoras editar

Notas editar

  1. Washington Post Arquivado 16 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)