Chrétien de Troyes

escritor francés medieval

Chrétien de Troyes, nado c. 1135 e finado c. 1183, foi un escritor da Idade Media e está considerado por algúns críticos como o creador da novela occidental.[1]

Infotaula de personaChrétien de Troyes

Yvain, o Cabaleiro do León
Biografía
Nacementocontra 1135
Troyes Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1183
Flandres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , novelista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonovela de cabalaría
LinguaFrancês antigo (pt) Traducir e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0873944 Bitraga: 1042 Spotify: 55bhYXe76Y3zwOGvf5p1BJ Musicbrainz: c64d1c3c-7a77-42ad-8f9c-6c77aa84bc29 Discogs: 3233183 Editar o valor em Wikidata


Chrétien de Troyes

Traxectoria editar

Coñécese moi pouco sobre a súa vida. Suponse que naceu en Troyes, de orixe burguesa, estudou os clásicos e aprendeu grego. É case certo que viviu na corte de María de Francia (1145-1198) e Filipe de Alsacia, conde de Flandres, a quen dedicou a súa obra Perceval, a primeira sobre a Demanda do Santo Graal. Tamén foi o primeiro en escribir a historia dos Cabaleiros da Táboa Redonda, as chamadas historias do ciclo artúrico.

Era un xudeu que se converteu ao cristianismo. Probabelmente viña de aí o seu sobrenome, Chrétien, xa que poucos autores deste período asinaban os seus manuscritos. Algúns textos deixan transparentar unha certa inspiración na Kabala.

É considerado un dos primeiros escritores das novelas de cabalaría, onde mitos se unen á historia para construír a narrativa con eventos ora na esfera do real, ora do surreal. Escribiu: Érec et Énide, Cligès, Lancelot ou le Chevalier de la charrette, Yvain ou le Chevalier au lion, Perceval ou le Conte du Graal.

Moitas das súas obras inéditas arderon nun incendio.

Obras editar

Notas editar

  1. Uitti,Karl D. (1995). Chrétien de Troyes Revisited. Nova York: Twain. ISBN 0805743073
  2. A traducción galega do "Cabaleiro da Carreta" (trad. de Santiago Gutiérrez García, publicación na revista Vicerversa).