Chilling Adventures of Sabrina (serie de televisión)

serie de telesión estadounidense

Chilling Adventures of Sabrina é unha serie de televisión sobrenatural desenvolvida por Roberto Aguirre-Sacasa para Netflix. Baséase na serie de banda deseñada homónima. A serie foi producida por Warner Bros. Television, con Aguirre-Sacasa, Greg Berlanti, Sarah Schechter, Jon Goldwater e Lee Toland Krieger como produtores executivos.

Chilling Adventures of Sabrina
FormatoCiencia ficción, sobrenatural, drama, terror e misterio
Creado porRoberto Aguirre-Sacasa
Desenvolvido porWarner Bros. Television
Intérpretes
Tema de aperturaAdam Taylor
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios36
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Vancouver, Columbia Británica
Duración49–63 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio26 de outubro de 2018
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.netflix.com/title/80223989
IMDB: tt7569592 Filmaffinity: 725415 Allocine: 22720 Rottentomatoes: tv/chilling_adventures_of_sabrina Allmovie: v714973 Metacritic: tv/chilling-adventures-of-sabrina TV.com: shows/chilling-adventures-of-sabrina
Facebook: SabrinaOnNetflix Twitter: sabrinanetflix Instagram: sabrinanetflix Netlix: 80223989Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie céntrase na personaxe de Archie Comics Sabrina Spellman, interpretada por Kiernan Shipka, xunto con Ross Lynch, Lucy Davis, Chance Perdomo, Michelle Gomez, Jaz Sinclair, Tati Gabrielle, Adeline Rudolph, Richard Coyle e Miranda Otto. Orixinalmente estivo en desenvolvemento durante setembro de 2017 na canle The CW, que pretendía ser un complemento da serie Riverdale; porén, en decembro de 2017, o proxecto foi trasladado a Netflix por dúas tempadas. A rodaxe tivo lugar en Vancouver, na Columbia Británica. Os primeiros 10 episodios foron estreados o 26 de outubro de 2018. A serie recibiu valoracións positivas da crítica, loando a intepretación de Shipka, o elenco e a súa premisa. Un episodio especial de Nadal foi estreado o 14 de decembro de 2018, e a segunda parte da primeira tempada estreouse o 5 de abril de 2019. En decembro de 2018, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de 16 episodios, que tamén foi dividida en dúas partes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar