Cherrybomb (filme)

Cherrybomb é un filme británico de 2009 dirixido por Lisa Barros D'Sa e Glenn Leyburn, protagonizado por Rupert Grint, Kimberley Nixon, Robert Sheehan e James Nesbitt. A rodaxe empezou en Belfast o 7 de xullo de 2008 e durou catro semanas.[1] O filme inclúe espidos, consumo de alcol e drogas, furtos en tendas e roubos de coches.[2] Foi publicada en DVD o 23 de agosto de 2010 no Reino Unido. Estreouse nos EUA en setembro de 2009 en Los Angeles Irish Film Festival.[3] O tema central do filme é "Cherrybomb", de The Runaways.

Cherrybomb
Ficha técnica
Na rede
http://www.cherrybombmovie.net/
IMDB: tt1248971 Filmaffinity: 792505 Allocine: 171786 Rottentomatoes: m/cherrybomb Allmovie: v501856 TCM: 738298 Netlix: 70118793Editar o valor em Wikidata

Cherrybomb estreouse en 2009 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, mais inicialmente non foi posíbel atopar distribuidor. As seareiras e seareiros de Grint impulsaron unha campaña co fin de lograr un acordo de distribución no Reino Unido.[4]

Argumento editar

Malachy McKinny, un estudante de secundaria aplicado, traballa no Titanic Leisureplex, un centro de deportes propiedade de Dave. O seu mellor amigo é Luke, un traficante de drogas que vive co seu pai, drogadicto. Os dous mozos fican abraiados con Michelle, unha moza fermosa e con carisma que vén de mudarse de Londres para vivir co seu pai, Dave.

Luke e Malachy tentan gañar o afecto de Michelle, polo que compiten entre eles nun desenfreo de sexo, drogas, vandalismo, roubos e pelexas. Porén, os tres adolescentes acaban por decatarse de que a situación se lles foi das mans. A festa que montan no Titanic Leisureplex remata nunha desfeita cando Dave chega e atópao todo estragado. Bótalle a culpa a Malachy, e houbo matalo a golpes, mais Luke sálvao golpeando a Dave na cabeza cun pau.

Desorientado, Dave vira amodo cara Luke, quen lle volve bater na cabeza. Malachy, ensanguentado e cheo de negróns, levántase e dille a Luke que non quere deixar alí a Michelle, quen está a chorar ante o seu pai, morto. Luke fica con Malachy "apoiándoo", até que chegan a ambulancia e a policía e son detidos para tomárenlles declaración.

O final do filme coincide coa secuencia de apertura. Malia vérense só anacos do interrogatorio final, escóitanse as últimas palabras de Malachy e Luke.

Elenco editar

  • Rupert Grint como Malachy McKinney
  • Robert Sheehan como Luke
  • Kimberley Nixon como Michelle
  • James Nesbitt como Dave, o pai de Michelle
  • Niamh Quinn como Donna
  • Paul Kennedy como Chris
  • Conor MacNeill como Fanta
  • Greer Ellison como Bun
  • Kat Kirk como Sharon
  • Kathy Kiera Clarke como Emma
  • Lalor Roddy como Smiley
  • Paul Garrett como Bob
  • Paul Caddell como profesor de natación
  • Richard Orr como Tío Joe
  • Bronach Lawlor como Jessica
  • Maggie Hayes como Tía Maggie

Notas editar

  1. Carville, Daragh (21 de maio de 2008). "‘CherryBomb’ Greenlit at Generator Entertainment". iftn.ie (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  2. Redacción (26 de febreiro de 2008). "Home Grown Films Funding Boost". 4rfv.co.uk (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  3. Kay, Jeremy (17 de agosto de 2009). "Cherrybomb among five US premieres at LA Irish Film Festival". screendaily.com (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  4. "Fans secure film deal for Grint". bbc.co.uk (en inglés). 5 de outubro de 2009. Consultado o 15 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar