Chemikal Underground

selo discográfico

Chemikal Underground é un selo discográfico independente fundado en 1994 en Glasgow pola banda escocesa The Delgados. Creárona para lanzar o seu primeiro sinxelo, "Monica Webster"/"Brand New Car" e deu a coñecer moitos novos grupos escoceses de indie dos anos 90.[1]

Chemikal Underground
Fundado en1994
FundadorThe Delgados
Xénero(s)post-rock, post-punk revival
OrixeEscocia Escocia
LocalizaciónGlasgow
http://www.chemikal.co.uk/

Cando a terceira edición de Chemikal Underground foi un éxito, o EP The Secret Vampire Soundtrack de Bis, o selo comezou a espandirse.[1] Ata a data The Secret Vampire Soundtrack é o único traballo publicado por Chemikal Underground en entrar no top 40. Posteriores éxitos do selo serían os álbums de estrea de Mogwai e Arab Strap. Outros artistas que asinaron con Chemikal Underground foron Magoo, Aereogramme, Cha Cha Cohen, Sluts of Trust, Suckle ou The Radar Brothers, e máis recentemente Mother and the Addicts e De Rosa, ademais do membro de Arab Strap Malcolm Middleton co seu traballo en solitario. No ano 2000 lanzaron Fukd ID para publicar edicións limitadas (1.000 CDs e 12") de sinxelos de grupos que non necesariamente pertencían ao selo, como Interpol co seu Fukd ID #3.

Artistas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Daily Record (ed.). "21 years of Chemikal Underground". Consultado o 9 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar