Chelo García-Cortés

xornalista galega


María Consolación García-Cortés Cadavid,[1] nada en Ourense o 3 de decembro de 1951,[2] máis coñecida como Chelo García-Cortés, é unha xornalista galega que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no xornalismo do corazón.

Infotaula de personaChelo García-Cortés
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , personalidade televisiva Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: chgarciacortes Instagram: chelo_garcia_cortes Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que naceu en Ourense en 1951,[2] á idade temperá de tres meses trasládase a vivir coa súa familia a Madrid, regresando de novo a terras galegas aos dezaseis anos. Actualmente vive desde hai anos en Castelldefels (Barcelona). Os veráns pásaos na súa casa de Eivissa.[3]

Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona,[4] os seus primeiros pasos profesionais deunos cando comezou a traballar moi nova, en 1973, en La Voz del Miño, emisora sindical da súa Ourense natal, mentres facía o servizo social, e de aí pasou a Radio Popular no mesmo Ourense.[2][5]

No 1975 é fichada por Radio Miramar en Barcelona (onde se traslada a vivir), dirixida entón por Marcelino Rodríguez de Castro. A partir dese momento empeza no xornalismo do corazón e a súa primeira reportaxe publícaa no 1976 para a revista ¡Hola!.[6] Logo foi durante moito tempo correspondente da revista Diez minutos en Barcelona, onde tiña unha páxina que se chamaba Por las Ramblas.[6] Tamén colaborou na revista Papillón, onde foi pioneira ao fotografar o primeiro espido masculino en España, ao actor Joan Llaneras.[5][7] Máis tarde chamárona de Cadena Catalana onde colaborou con Paco Lobatón, ata que a reclamou a COPE, polas mañás, xunto a Antonio Herrero.

Compaxinando o seu traballo en radio e prensa, Chelo fixo o seu debut en televisión no 1997 con Jordi González no programa Les 1000 i una de TV3, aínda que anteriormente xa participara nalgúns programas da televisión de Cataluña. Traballou tamén entre 1998 e 2004 no programa de Ana Rosa Quintana Sabor a ti, de Antena 3, labor que compaxinou co seu traballo na prensa escrita, coa revista Lecturas, e na radio, con Cristina López Schlichting en La Tarde con Cristina de COPE e máis tarde con Isabel Gemio en Te doy mi palabra de Onda Cero.

Con todo, a súa popularidade débella ao talk show de crónica social DEC (tamén coñecido como ¿Dónde estás corazón?), conducido por Jaime Cantizano en Antena 3 desde 2003 ata 2011.[8] Ese mesmo ano ficha pola cadea Telecinco, tras 13 anos na competencia (Antena 3), onde colabora en programas como Sálvame e Sábado Deluxe (2011-actualidade), La Noria (2011-2012), e Abre los ojos... y mira (2013) e as Campanadas de fin de año de 2017-2018 como colaboradora do programa previo.[8]

Á marxe do seu traballo en televisión, Chelo colabora puntualmente nas publicacións ¡Hola! e Semana.

Xunto co tamén xornalista Jesús Locampos, escribiu o libro Yo Acuso,[9] publicado en 2008 pola editorial Grand Guignol. No libro, a xornalista fai unha autocrítica do xornalismo do corazón.[10][11]

Vida persoal editar

No persoal, a súa nai morreu en 1962, cando ela tiña só once anos, e foi criada polo seu pai, Rafael García-Cortés Alonso (1916-11 de decembro 2001).[12][13]

Mantivo unha relación sentimental de dez anos con José Manuel Parada, pero dende 2005 está casada con Marta Roca Carbonell, con quen contraeu matrimonio o 8 de agosto. Declarouse abertamente bisexual.[13]

Notas editar