Chastity Belt é unha banda de indie rock/indie pop estadounidense formada en 2010 e procedente de Walla Walla, Washington. O grupo está composto por Julia Shapiro, Lydia Lund, Annie Truscott e Gretchen Grimm. Chastity Belt toca unha mestura de rock alternativo, rock and roll, noise pop e pop. A banda leva publicados dous álbums de estudio, No Regerts (2013), e Time to Go Home (2015).

Chastity Belt
OrixeWalla Walla, Washington,
Período2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo, rock and roll, noise pop, indie rock, indie pop, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Hardly Art
MembrosJulia Shapiro
Lydia Lund
Annie Truscott
Gretchen Grimm
Artistas relacionadosChildbirth
Na rede
https://www.hardlyart.com/artists/chastity_belt
Facebook: chastitybeltmusic Twitter: CHAST1TYBELT Instagram: chazzybelt Bandcamp: chastity-belt Spotify: 1tho5dJnzdYD57EQkM3SmK Musicbrainz: 944267d5-c0f0-4f4e-b3f2-7987d25d0441 Songkick: 5312223 Discogs: 3440479 Deezer: 6368624 Genius: Chastity-belt Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo formouse en Walla Walla, Washington, no ano 2010 mentres os seus membros estudaban no Whitman College, coa líder da banda Childbirth Julia Shapiro como vocalista principal e guitarrista, e coa guitarrista principal Lydia Lund, a baixista Annie Truscott e a batería Gretchen Grimm. Chastity Belt toma un achegamento humorístico aos estereotipos e costumes femininos nas súas letras, desafiando as normas de xénero e a feminidade como unha construción.[1]

A banda editou o seu primeiro álbum de estudio, No Regerts, o 13 de agosto de 2013 a través de Help Yourself Records.[2][3] O seu segundo álbum de estudio, Time to Go Home, foi publicado o 24 de marzo de 2015 polo selo Hardly Art,[4][5] recibindo críticas positivas.[6] O seu terceiro álbum de estudio, I Used to Spend So Much Time Alone, apareceu o 2 de xuño de 2017, tamén a través de Hardly Art.[7]

Tras un breve descanso en 2018, o grupo anunciou o 10 de xuño de 2019 que o seu cuarto álbum publicaríase co nome de Chastity Belt o día 20 de setembro. O sinxelo "Ann's Jam" lanzouse xunto co anuncio.[8] Escribindo para a revista The Fader, Alex Robert Ross chamouno "o álbum máis exuberante e con son máis lúgubre do cuarteto ata o momento".[9] Tras o seu lanzamento, Abby Jones de Pitchfork descriu o álbum como "o máis ensoñador e tranquilo" dos seus traballos.[10]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
No Regerts 2013 Help Yourself
Time to Go Home 2015 Hardly Art
I Used to Spend So Much Time Alone 2017 Hardly Art
Chastity Belt 2019 Hardly Art

Notas editar

  1. "Chastity Belt | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  2. "No Regerts - Chastity Belt | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  3. "Chastity Belt: No Regerts". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  4. "Time to Go Home - Chastity Belt | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  5. "Chastity Belt: Time to Go Home". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  6. "Time to Go Home by Chastity Belt" (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  7. "Chastity Belt: I Used to Spend So Much Time Alone". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  8. "Chastity Belt Announce New Self-Titled Album, Release “Ann’s Jam”". Spin. 2019-07-10. Consultado o 2020-09-21. 
  9. "Chastity Belt open up about their Jay Som-produced new album". The FADER (en inglés). Consultado o 2022-07-04. 
  10. "Chastity Belt: Chastity Belt". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-07-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar