Chase Budinger

baloncestista estadounidense

Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

Chase Budinger
Axente libre
Información persoal
Nacemento 22 de maio de 1988 (35 anos)
Encinitas (California)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto La Costa Canyon (Carlsbad, California)
Universidade Arizona (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Houston Rockets (2009–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2015)
Indiana Pacers (2015–2016)
Phoenix Suns (2016)
Saski Baskonia (2016–2017)

Traxectoria profesional editar

Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.

O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.

O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]

Notas editar

  1. "Rockets deal Budinger to Wolves for 18th pick". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar