Charles Pozzi (27 de agosto de 1909 - 28 de febreiro de 2001) foi un piloto francés que participou nunha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, o ano do seu inicio.

Infotaula de personaCharles Pozzi
Biografía
Nacemento(it) Carlos Alberto Pozzi Editar o valor em Wikidata
27 de agosto de 1909 Editar o valor em Wikidata
18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Levallois-Perret, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , empresario , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Andaina nas carreiras editar

Nado Carlo Alberto Pozzi en París, Francia de familia italiana, coñecíase como Charles, a tradución francesa do seu nome. Traballaba como vendedor de automóbiles e a súa carreira como piloto de carreiras só comezou cando xa tiña 37 anos. Máis tarde na vida, como importador oficial francés de automóbiles Ferrari e Maserati, o seu nome aparecería en moitos coches de carreiras.

En 1946 competiu, co seu Delahaye 135CS, en varias carreiras incluíndo o Gran Premio de Borgoña - Dijon onde rematou na cuarta posición e o Gran Premio de Le Mans, corría na pista de Nantes este ano, onde rematou na quinta posición, pilotando un Delahaye.

En 1949, gañou o [[Grand Prix du Comminges | Grand Prix de autos deportivos de Comminges], en Saint-Gaudens, cun Delahaye 145 (chasis N ° 48775), equipado cun motor de seis cilindros de 4,5 litros Delahaye 175.[1][2][3]

 
Ferrari Berlinetta Boxer, competindo para o equipo de Charles Pozzi

Principais logros editar

Categoría Data Carreira Equipo Coche Posición
Pre Guerra abril 46 5º Gran Premio de Niza Ecurie France Delahaye 135S 8
Pre Guerra maio 46 1º Grand Prix du Forez Ecurie France Delahaye 135CS 7
Pre Guerra xuño 46 1º Copa René le Bègue Ecurie France Delahaye 135CS 11
Pre Guerra xullo 46 2º Grand Prix de Bourgogne - Dijon Ecurie France Delahaye 135CS 4
Pre Guerra xullo 46 1º Prix des 24 heures du Mans - Nantes Ecurie France Delahaye 135CS 5
Pre Guerra agosto 46 1º Circuíto des Trois Villes - Roubaix Ecurie France Delahaye 135CS 7
Pre Guerra febreiro 47 Gran Premio de Estocolmo Ecurie France Delahaye 135CS 5
Pre Guerra xuño 47 3º Gran Premio de Nîmes Ecurie France Delahaye 135CS 5
Pre Guerra xullo 47 16º Grand Prix de la Marne - Reims Ecurie France Delahaye 135CS 7
Fórmula 2 xullo 47 9º Grand Prix d´Albi Privado Delahaye 135CS 3
Pre Guerra xullo 47 1º Grand Prix de la Ville de Nice Privado Delahaye 135CS 5
Pre Guerra agosto 47 2º Gran Premio de Alsacia Privado Talbot-Lago T150C Spéciale 5
Pre Guerra setembro 47 18º Gran Premio de Italia Privado Delahaye 135CS 7
Pre Guerra setembro 47 34º Grand Prix de l´ACF Privado Delahaye 135CS 5
Pre Guerra novembro 47 4º Coupe du Salon Privado Delahaye 135CS 3
Pre Guerra marzo 48 8º Grand Prix Automobile de Pau Privado Talbot-Lago T150C 4
Pre Guerra maio 48 2º Gran Premio de París Ecurie Lutetia[4] Delahaye 135S 11
Pre Guerra xullo 48 8º Gran Premio de Suíza Privado Talbot-Lago T26SS 7
Pre Guerra xullo 48 35º Grand Prix de l´ACF Privado Talbot-Lago T26SS 10
Pre Guerra agosto 49 15º Grand Prix de voitures de sport de

l´ACF - Comminges

Privado Delahaye 4.5-litre six 1
PreGuerra outubro 49 6ª Coupe du Salon Privado Delahaye 135CS 4
Fórmula 1 xullo 50 37º Grand Prix de l´ACF Ecurie Charles Pozzi Talbot-Lago T26C 6
Sports Car xuño 53 21º Grand Prix des 24 heures du Mans Automobiles Talbot Darracq Talbot-Lago T26GS 8

Nota: 35º Grand Prix de L'ACF compartíu resultados con Louis Rosier como co-piloto

  • 1947, competiu en:
    • Gran Premio de Pau,
    • Gran Premiodo Automóbil de Marsella,
    • Circuíto des Remparts en Angoulême,
    • Grand Prix du Comminges en Saint-Gaudens.
  • 1948, competiu en:
  • 1949, correu no Gran Premio do Automóbil de Pau,
  • 1952, gañou as 12 Horas de Casablanca,[6] Marrocos
  • 1953, gañou:
    • Primeira posición das 12H de Hyères na categoría 2L [7] e na terceira posición xeral,
    • Segunda posición das 12H de Reims na categoría 2L e a 6ª posición na clasificación xeral. Por estes dous eventos, correu no Ferrari 166MM Berlinetta Vignale que pertence ao seu compañeiro de equipo François Picard.
    • Terceira posición nas 12 horas de Agadir Marrocos cun Lancia Aurelia
  • 1954, rematou:
    • as 12 horas de Hyères en 2ª posición cun Ferrari 500 Mondial,[8]
    • as 12 horas de Reims na 9ª posición co mesmo coche.
    • a subida de Planfoy.

O negocio de Pozzi editar

Despois da súa retirada das carreiras, fundou a Charles Pozzi S.A., o importador oficial de vehículos a motor Ferrari e Maserati en Francia. En 2003, a compañía adquiríuna a compañía Ferrari.

Pozzi morreu en 2001 en Levallois-Perret, un suburbio no oeste de París.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos
1950 Ecurie Rosier Talbot-Lago T26C Talbot 6 en liña GBR MON
NCG
500 SUI BEL NC 0
Charles Pozzi FRA
6 *
ITA
* Indican unidade compartida con Louis Rosier

Notas editar

Referencias
  1. Snellman, Leif; Vaucourt, André (2009-10-26). "DELAHAYE: Societe des Automobiles Delahaye, Paris". The Golden Era of Grand Prix Racing. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2010. Consultado o 2010-10-18. 
  2. Jolly, François (1980). Delahaye V12: Course, Sport & Tourisme (en French). Nîmes, France: Editions du Palmier. pp. 40, 44, 52. ISBN 978-2-914920-64-3. 
  3. Rousseau, Jacques; Caron, Jean-Paul (1988). "134". Guide de l'Automobile Française (en French). Paris: Solar. ISBN 2-263-01105-6. 
  4. Jolly, p. 47
  5. Jolly, p. 44
  6. [1] (fr) 1952 12 horas de Casablanca
  7. [2] Resultados 12H Hyères 1953
  8. [3] Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine. Ranking 1954

Véxase tamén editar