Charles Osborne (impo)

Charles Osborne, nado no lugar de Anthon, Iowa, en 1894 e finado tamén en Iowa o 1 de maio de 1991, foi un home estadounidense que tivo impo continuo durante 68 anos (1922-1990) e que por tal motivo figura no Libro Guinness dos Récords, ao ter padecido o ataque de impo máis longo rexistrado nunca.

Charles Osborne
Nome completoCharles Osborne
Nacemento18 de decembro de 1894
Lugar de nacementoAnthon
Falecemento1 de maio de 1991
Lugar de falecementoSioux City
NacionalidadeEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

Osborne e o impo editar

O impo comezoulle en 1922 cun ritmo de 40 veces por minuto, baixando a 20 por minuto e deténdose eventualmente o 5 de xuño de 1990, ou sexa, 68 anos despois. A súa condición permitiulle ir como convidado ao programa Ripley's Believe It or Not! en 1936, a That's Incredible! da ABC en 1980 e mais a The Tonight Show con Johnny Carson en 1983, sendo tamén incluído nunha das preguntas do xogo de mesa Trivial Pursuit. Osborne empezou a impar en 1922, durante a matanza do porco. Malia a súa condición, Osborne foi capaz de levar unha vida normal, mesmo casando dúas veces. Osborne morreu de complicacións de úlceras no Marian Health Center en Sioux City, Iowa o 1 de maio de 1991 e foi enterrado no cemiterio de Oak Hill en Anthon, Iowa tres días despois.

Estimouse que Osborne impou unhas 430 millóns de veces ao longo dese período de 68 anos.

Notas editar

  • Survivor of 68-Year Hiccup Spell Dies. Omaha World - Herald, 5 de maio de 1991, Sunrise Edition: 2.B.