Charles Chipiez nado en 1835 e finado en París en 1901 foi un arquitecto, historiador da arquitectura e exiptólogo francés do século XIX.[1]

Charles Chipiez
Nome completoJérôme Charles Chipiez
Nacemento11 de xaneiro de 1835 e 12 de xaneiro de 1835
Lugar de nacementoÉcully
Falecemento1901, 9 de decembro de 1914 e 9 de novembro de 1901
Lugar de falecementoParís e 6.º arrondissement de Paris
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónarquitecto, historiador da arte, arqueólogo e exiptólogo
editar datos en Wikidata ]

Profesor da Escola Especial de Arquitectura, ten entre os seus logros a construción da Escola Nacional de Formación Profesional Armentieres en 1887, a actual Escola de Educación Tecnolóxica Gustave Eiffel Armentieres.

Debuxo de Persépole

A finais do século XIX realiza, xunto ao arqueólogo Georges Perrot, unha gran viaxe de estudos da arquitectura antiga co apoio da editorial Hachette. Esta viaxe lévaos a través de Grecia[2], Irán[3], Exipto[4][5]Turquía, e outros países[6][7][8][9].

Realizan estudos na maioría dos monumentos arquitectónicos da antigüidade e moitas reconstrucións baseadas na observación coidadosa das esculturas e ruínas. Publican ao seu regreso unha obra en varios volumes dunha historia sintética da arquitectura antiga, con moitas ilustracións. A obra permanece inacabada por mor das mortes sucesivas de ambos. Despois da morte de Chipiez, Georges Perrot continuou escribindo e publicando só os dous últimos libros (volumes IX e X).[10]

Obras (escolma) editar

  • 1876 - Historia crítica das orixes e formación das ordes gregas - Morel et Cie París.
  • Etruria - Roma - Paris - Hachette et Cie.
  • Con Georges Perrot, Historia da arte no Antigo Exipto, Asiria, Persia, Asia Menor, Grecia
  • 1882 - Tome I : L'Égypte. (Volume I: Exipto).
  • 1884 - Tome II : Chaldée et Assyrie (Volume II: Caldea e Asiria)
  • 1885 - Tome III : Phénicie, Cypre (Volume III: Fenicia, Chipre).
  • 1887 - Tome IV : Judée, Sardaigne, Syrie, Cappadoce. (Volume IV: Xudea, Sardeña, Siria, Capadocia).
  • 1890 - Tome V : Perse, Phrygie, Lydie et Carie, Lycie. (Volume V: Persia, Frigia, Lidia, Caria, Licia).
  • 1894 - Tome VI : La Grèce primitive. L'art mycénien. (Volume VI: A primitiva Grecia. Arte micénico).
  • 1898 - Tome VII : La Grèce de l'épopée. La Grèce archaïque (le temple). (Volume VII: a épica Grecia. A Grecia arcaica (o templo)).
  • 1903 - Tome VIII : La Grèce archaïque. La sculpture (Volume VIII: A Grecia arcaica. Escultura). 

Galería editar

Notas editar

  1. "Charles Chipiez (1835-1901)". data.bnf.fr (en francés). Consultado o 2022-04-22. 
  2. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1894). History of Art in Primitive Greece: Mycenian Art, from the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall. 
  3. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Persia: From the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  4. Georges Perrot, Charles Chipiez (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en English). Chapman and Hall , limited. 
  5. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  6. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1885). History of Art in Phœnicia and Its Dependencies (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  7. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1884). A History of Art in Chaldæa & Assyria (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  8. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Phrygia, Lydia, Caria, and Lycia (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  9. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1890). History of Art in Sardinia, Judaea, Syria, and Asia Minor (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  10. "Charles Chipiez (1835-1901)". data.bnf.fr (en francés). Consultado o 2022-04-22. 

Véxase tamén editar