Chapecó é un municipio brasileiro do estado de Santa Catarina. Está situado na rexión Oeste do estado, na fronteira co estado de Rio Grande do Sul separado polo río Uruguai. Ten unha poboación de 209.553 habitantes (2016).

Modelo:Xeografía políticaChapecó
Imaxe

AlcumeCapital do Oeste Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Chapecó (pt) Traducir e Colônia Militar do Chapecó (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 27°05′45″S 52°37′04″O / -27.095833333333, -52.617777777778Coordenadas: 27°05′45″S 52°37′04″O / -27.095833333333, -52.617777777778
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSanta Catarina Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación224.013 (2020) Editar o valor em Wikidata (357,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie626,06 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude674 m-559 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación25 de agosto de 1917 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoPrefeitura Municipal de Chapecó (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89800-001 a 89816-999 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico49 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil4204202 Editar o valor em Wikidata

Sitio webchapeco.sc.gov.br Editar o valor em Wikidata

Fundouse en 1917 e o seu nome provén do tupí Xapeco que significa "lugar desde onde se ve o camiño da plantación". Ao principio o poboado era un distrito agrícola, pero co pasar dos anos afirmouse como un polo económico nacional baseado na cría de porcos e a avicultura. As principais etnias presentes en Chapecó son a alemá, italiana e polaca.

O turismo está basicamente dirixido ás feiras agrícolas e agroindustriais. A principal realízase cada dous anos, a EFAPI (Exposición-Feira Agropecuaria e Industrial), no parque de exposicións Tancredo Neves, que conta cunha estrutura de catro pavillóns de exposición xeral, comercial e outras áreas para a exposición gandeira e agrícola, como un lago, unha instalación para diversións e rodeo, ademais dun escenario para a presentación de espectáculos, onde poden entrar ata 80 mil persoas.

A economía de Chapecó está enfocada na agroindustria e prestación de servizos, tendo grandes empresas como Aurora e Sadia. Dentro do mundo deportivo, destaca o Chapecoense, o cal milita no Campionato Brasileiro Série A.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar