Chambao é unha grupo musical flamenco-electrónico, coñecido como Flamenco Chill. Orixinais de Málaga (España) a súa música mestura os sons do flamenco con música electrónica. Un chambao, en andaluz, é unha tenda de campaña improvisada para protexerse do sol e a brisa da tarde na praia, utilizada normalmente na noite de San Xoán.

Chambao
Chambao no Festival Itinerante de Músicas 2006 mestizo
OrixeMálaga, Andalucía, España España
Período2002 - presente
Xénero(s)Flamenco Chill
MembrosLamari, voz; Toni Romero, teclados; Tony Cantero, guitarra; Oliver Sierra, baixo, guitarra e tres cubano; Coki Jiménez, batería; Roberto Cantero, saxo soprano e tenor e frauta; Juan Heredia, percusión
Na rede
chambao.es
Facebook: chambao.oficial Twitter: ChambaoOficial Instagram: chambao_oficial MySpace: chambao Youtube: UCzUd5BKq10OmX0zCU0rCbCA Spotify: 2qhLqZ1pkiUl5HNrU2Nz0R Musicbrainz: b44eab39-900f-446f-af67-0512a88e54ec Songkick: 412910 Discogs: 56017 Allmusic: mn0000802018 Deezer: 6623 Editar o valor em Wikidata

Historia do grupo editar

Chambao naceu cando o músico holandés Henrik Takkenberg coñeceu a tres malagueños (María del Mar, máis coñecida polo alcume de La Mari, Eledi e Dani, compoñentes do grupo) na barriada malagueña de Pedregalejo e decidiron formar un grupo musical fusionando o flamenco con sons electrónicos.

O seu primeiro traballo, Flamenco Chill, foi un éxito de vendas. O seu segundo disco, Endorfinas en la mente, xa sen Henrik entre eles, afianzoulles no panorama musical, conseguindo un Premio Ondas. O seu sinxelo, "Ahí estás tú", foi todo un éxito en España ao converterse en banda sonora dun anuncio publicitario para o turismo de Andalucía. O terceiro traballo de Chambao chámase Pokito a poko e, dos co-fundadores da formación xa só queda La Mari, vocalista e alma do grupo, que se fixo rodear de novos músicos para continuar con Chambao. Actualmente, La Mari, recuperada dun cancro, participou no álbum de Ricky Martin MTV Unplugged cantando a dúo con el "Tu recuerdo". Chambao vendeu máis de 1 000 000 de copias en todo o mundo dos seus traballos. Agora co seu novo sinxelo, "Papeles mojados", esperan repetir éxito tanto en España como en Europa (onde xa son bastantes coñecidos). Neste último traballo ademais de ritmos flamencos e chill out, fusionan ritmos árabes e letras de denuncia social. En 2008 colabora coa gañadora do 51º Festival de Eurovisión , Helena Paparizou coa que realiza un dueto da súa canción xa editada en España "Papeles mojados".

No ano 2008 A Mari colaborou co grupo andaluz La Guardia no tema Cuando brille el sol.

Discografía editar

  • Flamenco Chill (2002) (varios artistas).
  • Endorfinas en la mente (2003)
  • Pokito a poko (2005)
  • Caminando 2001-2006 (2006)
  • Con otro aire (2007)
  • En el fin del mundo (2009)
  • "Chambao" (2012)
  • "Nuevo ciclo" (2016)

Ligazóns externas editar