Cesáreo Onzari

futbolista arxentino

Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Buenos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.

Cesáreo Onzari
Información persoal
Nome Cesáreo Onzari
Nacemento 1 de febreiro de 1903
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 7 de xaneiro de 1964
Lugar de falecemento Buenos Aires
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1919 Sportivo Boedo
1920 Club General Mitre
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1921–1933 Club Atlético Huracán 157 (61)
Selección nacional
Selección de fútbol da Arxentina 14 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcorrería case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.

Coa Selección de fútbol da Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.

Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.

O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia [1]. Sucedeu nun encontro amigábel entre a Selección de fútbol da Arxentina e a de Uruguai vixente campión olímpico, de aí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.

Participación na Copa América editar

Ano Sede Resultado
1924   Uruguai Subcampión
1925   Arxentina Campión

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Primeira División da Arxentina Club Atlético Huracán Arxentina 1921
Primeira División da Arxentina Club Atlético Huracán Arxentina 1922
Primeira División da Arxentina Club Atlético Huracán Arxentina 1925
Primeira División da Arxentina Club Atlético Huracán Arxentina 1928
Copa da Arxentina Club Atlético Huracán Arxentina 1925

Campionatos internacionais editar

Título Club País Ano
Copa América Selección de fútbol da Arxentina Arxentina 1925

Notas editar

  1. http://edant.clarin.com/diario/2004/10/02/deportes/d-07101.htm Arquivado 07 de outubro de 2012 en Wayback Machine. O gol oímpico cumple 80 anos (02/10/2004)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Biografía en historiadehuracan.com