Cerco (artrópodos)

Os cercos son apéndices localizados na extremidade do abdome dalgúns artrópodos,[1][2] sobre todo nos insectos (aínda que tamén os presentan algúns miriápodos).[3]

Cadela de frade (orde dos Dermaptera) mostrando os seus cercos en forma de pinza.

Normalmente existe un par de cercos laterais, que ás veces van acompañados dun cerco central denominado paracerco.

Etimoloxía editar

o Termo cerco deriva da palabra do grego antigo κέρκος kérkos, 'cola'.[4]

Porén, moitas veces na bibliografía internacional adoita usarse a súa adaptación ao latín, cercus (plural cerci).[4]

Formas e funcións editar

A súa morfoloxía é variada: poden seren longos, delgados e con función sensorial (Ephemeroptera), ou curtos, robustos e defensivos (Dermaptera). Nos Dermaptera e nos Japygidae están transformados en pinzas.[3]

Os cercos frecuentemente serven como órganos sensoriais,[3] pero tamén ás veces úsanse como armas, como axudas na copulación, ou simplemente son estruturas vestixiais.[5]

Ordes de insectos que teñen cercos en estado adulto editar

 
Cercos dun saltón da suborde dos Caelifera.

Notas editar

  1. cerco2 no dicionario da RAG
  2. cerco 4 s m ZOOL Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao finaal do corpo. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. 3,0 3,1 3,2 Garrido, Carlos (1977): cerco (Myriapoda+Insecta), en: Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
  4. 4,0 4,1 cercus no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Pilon, J. G. e D. Lagacé (1998): Les Odonates du Québec. Entomofaune du Québec. ISBN 2-9802763-2-4,
  6. En realidade son hexápodos que non son verdadeiros insectos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Cerci Universidad de Sydney. Depto. de Bioloxía (en inglés).