Ceolwulf II de Mercia

Ceolwulf II, finado c. 879, foi o último rei de Mercia independente[1].

Infotaula de personaCeolwulf II de Mercia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IX Editar o valor em Wikidata
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisWigmund de Mercia Editar o valor em Wikidata  e Ælfflæd of Mercia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sucedeu a Burgred de Mercia, deposto polos viquingos en 874. O seu reinado dátase xeralmente entre 874 e 879 baseado nunha lista real merciana que lle outorga un reinado de cinco anos. Aínda así, D. P. Kirby argumenta que probabelmente reinou durante os primeiros anos da década de 880. En 883, fora substituído por Æthelred, que sería Señor de Mercia baixo Alfredo o Grande, rei de Wessex[2][3].

Antecedentes dinásticos editar

Baseándose en argumentos antroponímicos, crese que Ceolwulf pertenceu á dinastía C de reis de Mercia, unha familia que se dicía descender de Pybba de Mercia. A dinastía C, empezando por Coenwulf, pode estar relacionada cos gobernantes de Hwicce no suroeste de Mercia[4].

A ascendencia inmediata de Ceolwulf é descoñecida, pero crese que puido ser un descendente de Ceolwulf a través da súa filla Ælfflæd. Ælfflæd casou en primeiras nupcias con Wigmund, fillo de Wiglaf, e logo con Beorhtfrith, fillo de Beorhtwulf. Está claro que Ceolwulf descendía de reis anteriores. Os seus diplomas foron testemuñados por numerosos nobres e eclesiásticos que testemuñaran tamén diplomas de Burgred, o que indica o seu recoñecemento por parte dos mercianos[5].

Mercia, Wessex e os viquingos editar

A Crónica anglosaxoa ofrece o relato seguinte de Ceolwulf:

Este ano foi o exército [i.e. o Gran Exército Pagán] do Reino de Lindsey a Repton, e alí asentou os seus cuarteis de inverno, expulsando ao rei [i.e. de Mercia], Burgred, máis aló do mar, cando reinara aproximadamente vinte e dous invernos, e someteron toda aquela terra. Entón foi a Roma, e alí permaneceu até o final da súa vida. E o seu corpo xace na igrexa de Santa María, na escola da nación inglesa. E o mesmo ano deron a Ceolwulf, un descoñecido barón do rei, o reino de Mercia para que o tivese; e xurou e entregou reféns para que o reino estaría listo para eles calquera día que necesitasen; e el e todos os que permanecesen con el, ao servizo do exército.[6]

A Crónica foi compilada por orde de Alfredo o Grande, cuñado de Burgred. Este relato considérase que está nesgado e ten motivacións políticas, escrito para reforzar as pretensións de Alfredo e Eduardo o Vello ao señorío de Mercia, evidenciado por un achado de moedas preto de Watlington en 2015, supostamente enterrado por viquingos en fuga, que mostran a Ceolwulf como rei igual a Alfredo.[7][8]

Crese que o reino de Ceolwulf quedou reducido ás zonas setentrionais e occidentais de Mercia.[9]

Gales editar

En 878, o rei Rhodri Mawr de Gwynedd morreu loitando contra os ingleses. Como Alfredo se atopaba loitando contra os viquingos, e Mercia reclamara tradicionalmente a súa hexemonía sobre Gales, o líder inglés foi probabelmente Ceolwulf. En 881 os fillos de Rhodri derrotaron aos mercianos na Batalla do Conwy, unha vitoria descrita nos anais galeses como "vinganza de Deus por Rhodri". O líder merciano foi Edryd Long-Hair, con case total seguridade o sucesor de Ceolwulf, Æthelred[10].

Moeda e Londres editar

Atopáronse tres tipos de penique emitidos en nome de Ceolwulf. A maioría foron cuñados en Londres, e do tipo designado como Cros-and-Lozenge, usado tamén por Alfredo de Wessex[11]. As moedas de Ceolwulf parecen estar relacionadas coas de Alfredo, e suxeriuse que ambos os reis estivesen a cooperar contra os viquingos[12].

Simon Keynes e o numismático Mark Blackburn inicialmente suxeriron que en aproximadamente 875, Alfred era o único gobernante recoñecido en Londres, mentres que a implicación de Ceolwulf se produciu a finais do seu reinado, 879[13]. Aínda así, en 1998, saíu á luz outro penique cuñado segundo Cros-and-Lozenge en nome de Ceolwulf, aparentemente contemporáneo das máis antigas cuñaxes de Alfredo[14].

Notas editar

  1. Williams, Ceolwulf
  2. Miller, Ceolwulf II
  3. Kirby, p. 176
  4. A ligazón con Pybba foi a través dun fillo descoñecido chamado Cenwalh.
  5. Walker, pp. 59–60, 208, Table 1; Zaluckiyj, p. 236, fig. 3, & p.247, establece a teoría de que Ceolwulf fose un irmán máis pequeno de Wigstan de Mercia.
  6. Anglo-Saxon Chronicle, trans.
  7. Walker, pp. 59–60; Yorke, p. 123.
  8. "Watlington Hoard: Saxon and Viking treasure from the time of Alfred the Great discovered in Oxfordshire field". The Independent. 
  9. Walker, p. 73.
  10. Charles Edwards, pp. 487-91
  11. "Sean Miller, "Ceolwulf II, king of Mercia."". 
  12. Yorke, p. 123.
  13. Keynes, "King Alfred and the Mercians." pp. 12-19, e Blackburn, "The London Mint during the Reign of Alfred." pp. 116-120.
  14. Mark Blackburn revisita isto no seu "Alfred's coinage reforms in context."

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Blackburn, M.A.S. "The London Mint during the Reign of Alfred." In Kings, Currency, and Alliances. History and Coinage of Southern England in the Ninth Century, ed. M.A.S. Blackburn e D.N. Dumville. Studies in Anglo-Saxon History 9. Woodbridge, 1998. 105-23.
  • Charles-Edwards, Thomas (2013). Wales and the Britons 350–1064. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-821731-2. 
  • Keynes, Simon. "King Alfred and the Mercians." In Kings, Currency, and Alliances. History and Coinage of Southern England in the Ninth Century, ed. M.A.S. Blackburn e D.N. Dumville. Studies in Anglo-Saxon History 9. Woodbridge, 1998. 1-45.
  • Kirby, D. P. (2000). Routledge, ed. The Earliest English Kings (Revised ed.). ISBN 0-415-24211-8. 
  • Miller, Sean (2004). "Ceolwulf II (fl. 874–879), king of the Mercians". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/39145. Consultado o 13 August 2012.  require subscrición
  • Walker, Ian (2000). Mercia and the Making of England. Stroud: Sutton. ISBN 0-7509-2131-5. 
  • Williams, Ann (1991). "Ceolwulf II, king of Mercia 874-879". En Ann Williams, Alfred P. Smyth and D. P. Kirby eds. A Biographical Dictionary of Dark Age Britain. Seaby. 
  • Woolf, Alex, "Pictish Matriliny reconsidered," in The Innes Review, volume XLIX, no. 2 (Autumn 1998). ISSN 0020-157X
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8
  • Zaluckij, Sarah, Mercia: the Anglo-Saxon Kingdom of Central England. Logaston: Logaston Press, 2001. ISBN 1-873827-62-8