Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo alberga unha das coleccións máis amplas de libros de temas feministas en España. Creouse en 2010, está localizado no segundo andar da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Depende da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[1]

Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
CidadeVigo
Inauguración25 de marzo de 2010
Na rede
http://www.igualdadevigo.org/?sec=2#centro_documentacion
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Obradoiro de edición en Wikipedia, 2019

Foi inaugurado o 25 de marzo de 2010 e creouse a partir dos 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais recompilados durante 25 anos polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín.[2][3] A este material que data desde os anos 80 súmase o fondo documental da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[4]

Actividades editar

O centro de documentación, situado na Biblioteca Pública Central de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou ao persoal especializado.[1]

Ademais dos servizos de atención directa ou telemática, sala de lectura, préstamo e asesoramento documental, o centro realiza actividades de extensión cultural, exposicións, animación, lectura, charlas, debates e obradoiros.[4][5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar