Central térmica das Pontes

A central térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Central térmica das Pontes
Edificio
TipoCentral térmica
LocalizaciónAs Pontes de García Rodríguez
Coordenadas43°26′26″N 7°51′45″O / 43.44055556, -7.8625Coordenadas: 43°26′26″N 7°51′45″O / 43.44055556, -7.8625
PropietarioEndesa
Construción
Inicio1972
editar datos en Wikidata ]
Cheminea da central das Pontes. Comparación coa Torre Eiffel de París.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, do vertedoiro, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Datos técnicos editar

Xerador de vapor editar

 
Torre de refrixeración da central.
  • Fabricante: Foster Wheeler Corporation
  • Circulación natural, tipo torre
  • Combustión tanxencial
  • Produción de vapor: 1.091 TM/h
  • Presión do calderín: 183 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 540 °C
  • Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm²
  • Temperatura vapor requentado: 540 °C

Turbina editar

  • Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries
  • Potencia: 350 MW
  • Velocidade: 3000 r.p.m.
  • Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm²
  • Presión de escape: 0,069 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 538 °C
  • Temperatura vapor requentado: 538 °C

Alternador editar

  • Fabricante: Westinghouse
  • Potencia nominal: 369 MVA
  • Potencia activa nominal: 350 MW
  • Intensidade nominal: 11.836 A
  • Tensión nominal: 18 kV
  • Factor de potencia: 0,95
  • Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm²
  • Excitatriz: tipo brushless

Galería de imaxes editar