Central Español Fútbol Club

Central Español Fútbol Club é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo. Foi fundado o 5 de xaneiro de 1905 e participa na Segunda División Profesional do Uruguai.

Central Español
NomeCentral Español Fútbol Club
Alcume(s)Palermitanos, La roja de Palermo
Fundación5 de xaneiro de 1905
EstadioParque Palermo
Montevideo, Uruguai
Inauguración31 de outubro de 1937
Capacidade6 500
PresidenteUruguai José V
AdestradorUruguai César Fuentes
LigaSegunda División Profesional
Na rede
http://central.com.uy
Titular
Alternativo

Historia editar

Fundado o 5 de xaneiro de 1905 na cidade de Montevideo trala fusión dos equipos de Central e Solís, ambos próximos ao Cemiterio Central no barrio Palermo. Recibe o seu nome tras un partido que xogaron os equipos a fusionarse, no cal o equipo ganador daría o seu nome ao club fusionado. Finalmente Central obtivo a vitoria por 2-0, polo que o equipo pasou a denominarse Central Football Club. Ese nome proviña justamente do Cemiterio Central de Montevideo. As cores (vermello, azul e branco) proveñen dun famoso grupo de negros lubolos do barrio: "Os Escravos do Nyanza".

A súa primeira cancha estaba en Punta Carretas, á que moitos xogadores e inchas ían en lancha. Logo xogaron en Maroñas e no Parque Ricci e máis asiduamente no Parque Fraternidad, de Garibaldi e 8 de Outubro. Pero a súa xente, pertencía a Palermo. En 1908, Central foi aceptado pola Liga Uruguaya de Fútbol para actuar en torneos oficiais que esta organizaba, correspondéndolle actuar na segunda e terceira divisións (onde os clubs de Primeira tiñan os seus equipos de reserva). Ese ano, logra o seu primeiro ascenso, tras derrotar ao segundo equipo de Nacional nunha final por 3-1.

As súas mellores actuacións iniciais foron en 1913 e en 1920, finalizando eses anos terceiro na Copa Uruguaya. En 1922 xunto a Peñarol e outros clubs fundou, durante o cisma do fútbol uruguaio, a Federación Uruguaya de Football, comprometido pola súa amizade deportiva cos equipos disidentes arxentinos, principalmente os de Avellaneda: Racing e Independente. Logo do cisma (1922-1925), pasou a militar no único torneo uruguaio do Consello Provisorio, finalizando en 6° lugar ao quedar no núcleo principal.

En 1932 inaugurou o profesionalismo e desde 1937, ten o seu estadio propio, o Parque Palermo. Central foi o primeiro "club chico" que gañou o Torneo Competencia local, campionato de preparación que obtivo en 1944. Desde 1954 ata 1961 militou en Primeira B. En 1970 iniciáronse as xestións co Instituto de Migracións de España que quería ter un equipo de fútbol no Uruguai. En 1971 cristalizou o acordo e denominouse Central Español Fútbol Club. Nese mesmo ano concretou unha vira histórica: o equipo estivo 48 días no exterior e xogou 16 partidos en Suramérica e Centroamérica.

O mellor momento histórico do club foi ao obter o campionato uruguaio de 1984 nunha fazaña histórica. Foi un récord inigualado no fútbol uruguaio ao gañar o campionato de Primeira ?B? en 1983, ascendendo e conquistando de inmediato a Copa Uruguaya de Primeira en 1984.

No ano 2006 accedeu por primeira vez a unha competencia internacional, ao xogar a Copa Suramericana dese ano, pero non puido pasar a primeira fase en enfrontamentos fronte a Nacional. O curioso é que a historia pareceu volver repetirse con respecto a 1984: Central acaba de ascender a finais do 2005, e nunha campaña dun só semestre logrou acceder a unha competencia internacional.

Ao día da data é o club con máis ascensos e descensos entre a primeira e a segunda división do fútbol uruguaio. |}

Ligazóns externas editar

Referencias editar

[1]

  1. https://central.com.uy