Nos antozoos octocoraliarios, denomínase cenénquima ao tecido común que rodea e une os pólipos coloniais.[1]

Anatomía dun pólipo coralino, co seu coralito, cenénquima e cenósteo

Estrutura editar

Consiste nunha matriz de mesoglea, revestida por epiderme (perisarco) e penetrada por tubos gastrovasculares e contén escleritos, espículas microscópicas mineralizadas de sílice ou de carbonato cálcico. A porción ríxida e sobresaliente do cenénquima que rodea cada pólipo adoita estar reforzada por escleritos modificados e denomínase cáliz.[2]

Sinónimo editar

Un termo tomado da botánica, cenosarco, é un nome alternativo.[3]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marshall, A. J. & Williams, W. D. (1985): Zoología Invertebrados. Vol.1. Editorial Reverté. pp. 183-185.
  • Sprung, Julian & Delbeek, J. Charles (1997): The Reef Aquarium. Ricordea Publishing.
  • Debelius, Helmut & Baensch, Hans A. (1898): Marine Atlas Mergus.
  • Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history.
  • Gosliner, Behrens & Williams (1996): Coral Reef Animals of the Indo-Pacific. Sea Challengers Publishers.
  • Veron, J. E. N. (1986): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Australian Institute of Marine Science.

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  2. DeVictor, S. T. & S. L. Morton (2007): "Glossary of Octocoral Terms". Guide to the Shallow Water (0-200 m) Octocorals of the South Atlantic Bight. Consultada o 20 de agosto de 2020.
  3. coenenchyme en The Free Dictionary. Consultado o 20 de agosto de 2020.