Celso Lorenzo Villa

militar e contrabandista galego

Celso Lorenzo Villa, nado no Rosal cara a 1916 e finado o 29 de setembro de 2002, foi un militar e contrabandista galego.

Celso Lorenzo Villa
Nacemento1916
Lugar de nacementoO Rosal
Falecemento29 de setembro de 2002
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e contrabandista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aviador militar, combateu na guerra civil española no bando republicano, foi sarxento e alcanzou o grao de tenente o 7 de agosto de 1937.[1] Detido en 1939, foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu condena na Prisión Central de Totana (Murcia), de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1941.[2]

Instalou unha ferretería en Tabagón,[3] e dedicouse ao contrabando.[4] Entre 1959 e 1962 foi presidente do Real Club Celta de Vigo, contando na directiva co tamén contrabandista Vicente Otero Pérez "Terito".[5] En 1968, estando en paradoiro descoñecido, foi condenado ao pago dunha multa de 405 080 pesetas por contrabando de tabaco.[6] En 1984 reclamou que se lle recoñecese o seu rango como militar do exército do aire, mais a solicitude foille denegada.[7] Finou o 29 de setembro de 2002.[8][9]

Vida persoal editar

Casou en 1949 con Eulalia García Cortijo, filla de Julio García Díaz, comandante do posto da Garda Civil de Cambados.[10]

Notas editar

  1. Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 24-8-1937, p. 454.
  2. BOE, 12-6-1941, p. 5218
  3. El Pueblo Gallego, 22-12-1951, p. 7.
  4. Carretero, N. (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 35.
  5. Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356.
  6. Boletín Oficial del Estado, 29 de abril de 1968.
  7. "Cuando el Celta estaba indirectamente patrocinado por Marlboro" Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine., Vigo Empresa, 5 de agosto de 2017 (en castelán).
  8. La Voz de Galicia, 30-9-2002, p. 29
  9. "Justo reparto de puntos entre Celta y Málaga"[Ligazón morta], Diario de Avisos, 30 de setembro de 2002 (en castelán).
  10. El Ideal Gallego, 10-6-1949, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar