Celestino Torres

político español

Celestino Torres Rodríguez, nado na Pobra do Brollón en 1921 e finado na Coruña o 16 de agosto de 2005, foi un empresario e político galego.

Celestino Torres
Nome completoCelestino Torres Rodríguez
Nacemento1921
Lugar de nacementoA Pobra do Brollón
Falecemento16 de agosto de 2005
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Empresario do sector da madeira, foi vocal do Consello Económico Sindical de Galicia e do Consello Provincial de Empresarios. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Monforte de Lemos por UCD. Foi un dos fundadores de Coalición Galega en 1983. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde por Coalición Galega cunha ampla maioría absoluta. En 1985 renunciou á alcaldía por ser elixido deputado do Parlamento de Galicia. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde de Monforte de Lemos pola Coalición Progresista Galega, o mesmo que nas municipais de 1991 encabezando a Converxencia Nacionalista Galega, renunciando outra vez en setembro de 1993 por ser elixido de novo deputado no Parlamento de Galicia, agora como independente dentro do grupo socialista. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura da CNG para tentar recuperala alcaldía de Monforte que o seu partido perdera en 1995 en favor do PPdeG, conseguindo un lixeiro avance pero sen lograr recuperala alcaldía. Nas municipais de 2003 foi o número 2 de Iniciativa Galega (INGA), formación creada pola CNG e outras formacións independentes da provincia lucense, e foi elixido concelleiro, apoiando ao goberno do BNG e PSdeG encabezado polo nacionalista Severino Rodríguez Díaz, pese a que á candidata de INGA lle foi ofrecida a alcaldía por parte do PPdeG e contaba co apoio da outra concelleira electa pola formación. Mantívose como concelleiro ata o seu falecemento o 16 de agosto de 2005.

Foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.


Predecesor:
Pablo Fernández Álvarez
  
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1979 - 1985
Sucesor:
José Castiñeira Puente
Predecesor:
José Castiñeira Puente
  
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1987 - 1993
Sucesor:
José Castiñeira Puente

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar