Ceftazidima

composto químico

Non confundir con ceftazidima/avibactam.

Ceftazidima
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Ceftazidima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Fortam, noutros países Fortaz.

Espectro de acción editar

Ceftazidima é un antibiótico de amplo espectro, que presenta actividade fronte moitas especies bacterianas, nas que se inclúen:

Grampositivos

Gramnegativos

Anaerobios

Non obstante, ceftazidima non posúe actividade significativa fronte a Enterococcus, Clostridium difficile, Listeria monocytogenes e Campylobacter[1].

Indicacións clínicas editar

En España, a axencia española de medicamentos, aprobou ceftazidima para as seguintes indicacións clínicas:

  • Sepse, incluíndo pacientes inmunodeprimidos
  • Infeccións respiratorias.
  • Infección urinaria.
  • Infección abdominal, incluíndo a patoloxía biliar e a peritonite
  • Infección xinecolóxica
  • Infección de pel e partes brandas
  • Infección ósea ou articular

Dosificación editar

Unicamente existe solución inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal crónica (filtrado menor de 30)[2].

Embarazo e lactación editar

Ceftazidima pertence á categoría B da FDA. Escrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu uso[3].

Interaccións medicamentosas editar

Incompatible na mesma solución con vancomicina e aminoglicósidos.

Efectos secundarios editar

Semellantes ao resto das cefalosporinas. Destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea, incluíndo a colite pseudomembranosa.

Notas editar

  1. "Ficha técnica de "ceftazidima" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2018. Consultado o 17 setembro 2018. 
  2. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  3. "Ficha técnica de "ceftazidima" da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 setembro 2018.