A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).

Modelo:Xeografía políticaCebú
Imaxe

AlcumeCiudad Reina de Filipinas e Queen City of the Philippines Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 10°17′35″N 123°54′07″L / 10.293, 123.902Coordenadas: 10°17′35″N 123°54′07″L / 10.293, 123.902
EstadoFilipinas
RexiónVisayas Centrais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Adlaon (en) Traducir
Agsungot (en) Traducir
Apas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 80+
Poboación
Poboación964.169 (2020) Editar o valor em Wikidata (3.060,85 hab./km²)
Número de fogares238.317 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaLingua cebuana
lingua tagala Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie315 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude135 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Toledo (pt) Traducir
Balamban (pt) Traducir
Minglanilla (pt) Traducir
Mandaue (pt) Traducir
Talisay (pt) Traducir
Consolacion (pt) Traducir
Compostela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorMiguel López de Legazpi Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1565
24 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoSangguniang Panlungsod of Cebu City (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6000 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico32 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcebucity.gov.ph Editar o valor em Wikidata
Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.
Erixido polo goberno de Isabel II.

Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.

Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.

Historia editar

Cando o explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa súa frota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.

O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.

Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.

Elcano, que tomou o mando da frota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.

Tras corenta anos de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda a Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.

Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.

Cidades irmandadas editar

Internacionais
  Bandung, Indonesia
  Yeosu, Corea do Sur
  Barcelona, España
  Beersheba, Israel
  Busan, Corea do Sur
  Chula Vista, California, Estados Unidos
  Seattle, Washington, Estados Unidos[1]
  Guadalaxara, México[2]
  Haarlemmermeer, Países Baixos
  Xiamen, China
  Kaoshiung, Taiwán
  Parramatta City, Australia
  Kortrijk, Bélxica
  Sabrosa, Portugal[3]
Local
  Butuan, Agusan del Norte
  Davao City, Davao del Sur
  Manila, Metro Manila

Notas editar

  1. "Seattle International Sister City: Cebu, Philippines". City of Seattle. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2014. 
  2. "Sister Cities, Public Relations". Guadalajara municipal government. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o March 12, 2013. 
  3. "Cebu, Portugal municipality formalize sister-city deal". Manila Bulletin. 30 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar