Furtivismo

(Redirección desde «Caza furtiva»)

O furtivismo é a caza, pesca ou recolección ilegal de especies animais ou vexetais en veda. Pode ser ilegal polos seguintes motivos:

  • A caza ou a pesca fóra da tempada legalmente estabelecida.
  • A persoa non posúe unha licenza de caza, pesca ou recolección.
  • O adminículo usado é unha arma ilegal para o animal.
  • O animal ou a planta está nunha área de restrición.
  • O dereito a cazar ese animal é reclamado por alguén.
  • Os medios usados son ilegais (por exemplo trampas, reflectores para aparvar ou paralizar veados ou lebres ou explosivos para matar peixes).
  • O animal está protexido por leis, ou foi sinalado como especie en vías de extinción ou ameazada (Endangered Species Act para as especies ameazadas nos Estados Unidos)
  • O animal ou a planta foron marcados para a investigación
Un vendedor de Haliotis coa súa pesca viva, matando ao animal no seu interior.

Estímase que o tráfico de vida silvestre ilegal é polo menos de 10 mil millóns de dólares.

Só se pode dicir que hai caza furtiva sobre a fauna silvestre. A morte e aprehensión de animais domésticos é furto ou roubo ("abigeato"), non caza furtiva.

O furtivismo vexetal, ou "talla furtiva" tamén crece. Un exemplo prominente é a remoción de ginseng[1] no Parque Nacional das Grandes Montañas Humeantes. Estímase que as plantas secas de ginseng roubado se localizan no "mercado negro" a polo menos entre 450 e 500 dólares o gramo.

Puntos modernos editar

Hai moitas accións nacionais e internacionais tomadas en contra de certas clases de "caza furtiva". A caza de marfil foi prohibida en 1989. As Filipinas teñen máis de 400 especies de animais ameazadas, todas ilegais para cazar.

Sinalando o problema editar

Algunhas organizacións estatais de gardaparques fan uso de "animais robóticos", en áreas de alta visibilidade para situar os cazadores furtivos e arrestalos logo de que lles disparasen a eses "animais".[2]

Terminoloxía moderna editar

Ata polo menos 1990, o termo "furtivismo" usábase ás veces para referirse ao acto de alugar traballadores que xa estaban empregados por outra compañía (especialmente un competidor), orquestrado por un recrutador referido como un "cazador de cabezas".[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Great Smoky Mountains National Park - Threats to Wildflowers (U.S. National Park Service)". Consultado o 2009. 
  2. Brian Bull (20 de decembro de 2006). "Robot Deer Captures Poachers". VOANews (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2006. Consultado o 12 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar