A caza de focas é unha actividade consistente na obtención de recursos a partir de focas, principalmente cachorros de focas arpa (o 95% aproximadamente).[1]

Cachorro de foca arpa
Debuxo dunhas focas arpa ou Phoca Groenlandica no Canadá.

Principalmente dáse no Canadá e Groenlandia, onde se estima que en total cada ano se matan uns cincocentos mil ejemplares.[1]

O método máis habitual para matalas é esmagarlles o cranio cun pico de ferro[2][3] ou con paus cun gancho nunha extremidade, se ben en ocasións se empregan rifles.[1] Segundo os ecoloxistas, en ocasións tamén son esfoladas vivas.[4]

Canadá editar

A caza de focas no Canadá é unha cita anual[5] na cal pescadores canadenses dedícanse a disparar e cazar cachorros de focas arpa na tempada de caza, malia a oposición de boa parte da opinión pública[6] e as constantes protestas de grupos defensores dos dereitos dos animais. Cada ano extermínase arredor dunhas 350.000 focas[7] mozos fronte á costa leste do Canadá, outras miles quedan mutiladas ou gravemente feridas de por vida.

Algúns científicos, así como as organizacións de protección animal que protestan polas cazas, sinalan que a debilidade do xeo dos últimos anos significou unha mortalidade moi superior á normal entre os cachorros.

O profesor David Lavigne, unha das maiores autoridades científicas do mundo en focas arpa informou que segundo os propios datos das autoridades canadenses, nos períodos recentes nos que o xeo foi débil a mortalidade se disparou entre o 25 e o 75% das crías nacidas.

A falta de grandes placas de xeo flotantes tamén dificulta a caza para os pescadores que teñen que disparar ás focas a distancia, en vez de golpealas na cabeza sobre os carambelos como se fixo tradicionalmente no golfo de San Lorenzo, onde se realiza maioritariamente esta práctica.

 
Localización das focas arpa no Mundo

O uso de rifles, a dispersión das focas e a súa escaseza fai que cada vez este tipo de caza sexa menos rendible para os pescadores do Canadá.

Organizacións como a Humane Society of the United States (HSUS) e o Fondo Internacional do Benestar Animal (IFAW) denuncian que a caza non só é "cruel" senón que as elevadas cotas de caza permitidas polo Canadá dende 1996 poden ter un impacto catastrófico sobre o futuro da poboación de focas na rexión.

Só entre o 2003 e o 2005, os pescadores canadenses cazaron polo menos un millón de focas arpa, algo máis dunha sexta parte da poboación total na costa atlántica canadense.

Ademais, argumentan HSUS e IFAW, os animais cazados son os máis novos polo que o impacto da súa desaparición se verá realmente nos próximos anos cando eses exemplares deberían ter alcanzado a súa madureza sexual.

As autoridades canadenses, non obstante, negan que a súa xestión represente unha ameaza para as focas arpa. Segundo o voceiro do Ministerio de Pesca canadense, Phil Jenkins, as autoridades incluíron nos seus modelos de xestión o impacto ambiental como o quentamento global e a desaparición da capa de xeo.

John Efford, ministro de Pesca e Agricultura de Terra Nova, declarou:

"Quixera ver estes seis millóns de focas -ou calquera que sexa o seu número- mortas e vendidas, destruídas ou queimadas. Non me interesa o que lles pase. (...) Cantas máis morran máis feliz serei".[6][8][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Jaulas Vacías. El Desafío de los Derechos de los Animales, Tom Regan. Publicado por Fundación Altarriba, Barcelona, (2006). ISBN 84-611-0672-5 ISBN 978-84-611-0672-1. Página 122
  2. Activistas de Equanimal protestan contra la matanza anual de focas Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. El Diario
  3. “El método más común empleado para asesinar a las focas consiste en aplastarles el cráneo con un pico de hierro” Arquivado 24 de marzo de 2009 en Wayback Machine. 15/03/2009 elmercuriodigital.es
  4. Los ecologistas en Canadá: "Sabemos que somos los ojos del mundo y por tanto nadie podrá impedir nuestra tarea" 02/04/2007 20 minutos
  5. Canadá: comienza matanza de focas en BBC Mundo
  6. 6,0 6,1 Jaulas Vacías. El Desafío de los Derechos de los Animales, Tom Regan. Publicado por Fundación Altarriba, Barcelona, (2006). ISBN 84-611-0672-5 ISBN 978-84-611-0672-1. Páxina 123
  7. Protestan desnudos contra la masacre de focas en Canadá 18/05/09 20 minutos
  8. Seal Campaign 2003 Arquivado 02 de agosto de 2009 en Wayback Machine. Sea Shepherd Conservation Society
  9. Why the Canadian Government Supports the Commercial Seal Hunt Arquivado 28 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Humane Society International