Catro vodas e un funeral

filme de 1994 dirixido por Mike Newell

Catro vodas e un funeral (en inglés: Four Weddings and a Funeral) é un filme británico de 1994 dirixido por Mike Newell. É o primeiro de varios filmes do guionista Richard Curtis nos que aparece Hugh Grant, e conta as aventuras de Charles (Grant) e do seu círculo de amigos a través de varios eventos sociais. Andie MacDowell interpreta a Carrie, o interese amoroso de Charles, e o elenco complétase con Kristin Scott Thomas, James Fleet, Simon Callow, John Hannah, Charlotte Coleman, David Bower, Corin Redgrave e Rowan Atkinson.

Catro vodas e un funeral
Ficha técnica
Título orixinalFour Weddings and a Funeral
DirectorMike Newell
ProdutorDuncan Kenworthy
GuiónRichard Curtis
Intérpretes
MúsicaRichard Rodney Bennett
FotografíaMichael Coulter
MontaxeJon Gregory
Estudio
DistribuidoraRank Film Distributors
EstreaSundance: 20 de xaneiro de 1994
13 de maio de 1994
Galicia 29 de xullo de 2000 (TVG)
Duración117 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroComedia romántica
Orzamento3 millóns de libras
Recadación245,7 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0109831 Filmaffinity: 127199 Allocine: 101286 Rottentomatoes: m/four_weddings_and_a_funeral Mojo: fourweddingsandafuneral Allmovie: v131162 TCM: 75539 Metacritic: movie/four-weddings-and-a-funeral TV.com: movies/four-weddings-and-a-funeral Netlix: 520489Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 29 de xullo de 2000 na TVG.[2]

Sinopse editar

Charles e os seus amigos, todos solteiros e sen compromiso, chegaron a unha idade en que os seus coñecidos comezan a contraer matrimonio. Nunha das cerimonias, á que están todos convidados, Charles coñece a Carrie, unha moza estadounidense da que se namora inmediatamente, mais despois de pasar a noite xuntos non volven verse. Terán que agardar á seguinte voda, en que Carrie presenta a Charles ao seu prometido.[3]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Four Weddings and a Funeral (1994). Box Office Mojo. Consultado o 22 de agosto de 2016.
  2. Versión en galego (ed.). "Catro vodas e un funeral na TVG". Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  3. "Four Weddings and a funeral". The New York Times. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar