Cathaya

xénero de plantas

Cathaya é un xénero pertencente á familia Pinaceae do que só se coñece unha especie Cathaya argyrophylla. Cathaya está dentro da subfamilia Laricoideae (Pseudotsuga, Larix (lárices)). Unha segunda especie, C. nanchuanensis, considérase hoxe a mesma.

Cathaya restrínxese ao sur da China (Guangxi, Guizhou, Hunan e o suroeste de Sichuan). A 950–1800 m de altitude en solos de limo.

As follas miden 2,5–5 cm, perden vilosidade co crecemento e se dispoñen en espiral. A súa piña mide 3–5 cm e porta 2 únicas sementes.

Atopáronse fósiles de especies semellantes en Europa de hai uns 10 -30 millóns de anos (carbón marrón).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar