Catarina Martins

política portuguesa

Catarina Soares Martins, nada o 7 de setembro de 1973 en Porto é unha lingüista e política portuguesa, deputada e voceira do Bloco de Esquerda (BE).

Catarina Martins
Nacemento7 de setembro de 1973
LugarPorto
NacionalidadePortugal
Educada enUniversidade do Porto
Profesiónactriz, política e actriz de teatro
Na rede
Twitter: catarina_mart Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en linguas e literaturas modernas, estudou teatro na Academia de Coímbra e fundou[1] o grupo teatral Visões Úteis en 1994, e foi dirixente da asociación de artes escénicas, Plateia. Membro da Mesa Nacional do BE, é deputada na Asemblea da República desde 2009.

Canda João Semedo resultou elixida coordinadora do BE o ano 2012 sucedendo a Francisco Louçã.

O 30 de novembro de 2014, tras a IX Convención do BE, Semedo abandonou o liderado que asumiu unha Comisión Permanente composta por seis membros, con Martins como voceira.

Notas editar

  1. "Ficha na web do grupo teatral". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar