Un catamarán é un tipo de embarcación que consta de dous cascos unidos por un marco. Poden ser propulsados a vela ou motor.

Catamarán empregado polos polinesios.
Catamarán en Bergen, Noruega.

A palabra catamarán ven do támil kaṭṭumaram (கட்டுமரம்), onde kaṭṭu é paquete e maram árbore (Lit. «troncos unidos»). O pirata e aventureiro británico William Dampier, foi o primeiro en describir catamaráns en 1697, que vira na rexión de Tamil Nadu (India), mentres navegaba polo golfo de Bengala. O catamarán era usado polos paravas, unha comunidade de pescadores na costa sur de Tamil Nadu, e a antiga dinastía támil chola empregábaos dende o século V para transportar as súas tropas a conquistar rexións do Sueste asiático, como Birmania, Indonesia e Malaisia.

En épocas prehistóricas, hai 3 ou 4 milenios, os navegantes austronesios utilizaron canoas de dobre casco para colonizar a Polinesia e asentarse no grupo de illas máis estendido do planeta.[1]

Os catamaráns son deseños relativamente novos no que respecta ás embarcacións modernas de lecer ou traballo, e tiveron que enfrontarse cun gran escepticismo por parte dalgúns mariñeiros acostumados a deseños máis «tradicionais».

Notas editar

  1. John Terrell, Prehistory in the Pacific Islands: a study on variations in custom, language and human biology, Cambridge University Press, 1986, reeditado 1990, ISBN 0- 521-36956-8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar