Cat Island
Vista da illa
Datos
Capital Arthur's Town
País Bahamas
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Bahamas
Linguas
Poboación (2000) 1.647 hab.
Superficie 388 km²
Densidade
Coordenadas 24°27′N 75°30′O / 24.450, -75.500
Maior Altura 63 m. Monte Alvernia
Localización
Localización das illas Bahamas

Cat Island ou Illa do Gato é unha das illas das Bahamas e tamén un dos seus distritos. Localízase no leste do arquipélago. A illa ten o punto máis alto do arquipélago enteiro, o monte Alvernia, con 63 metros. A illa posúe 1.647 habitantes (censo de 2000). As principais poboacións son Arthur's Town (onde Sidney Poitier pasou a súa infancia), Orange Creek e Port Howe. Cat Island tamén foi o berce do músico Tony McKay, máis coñecido por Exuma. A illa conta con dous aeroportos, o New Bight Airport e o Arthur's Town Airport.