Catálogo musical

Un catálogo musical ou catálogo temático é unha serie de obras dun determinado compositor, arquivo ou outros documentos musicais, no que se ordenan e numeran as obras de acordo con distintos criterios. Pode seguirse unha orde cronolóxica, en función da data de composición (ou da estrea), segundo o tipo de composición ou ambos os criterios. Tamén serve para ordenar as obras presentes en coleccións bibliotecarias ou particulares.

A súa finalidade é ordenar cada unha das obras dunha forma adecuada dando todos os datos posibles, como a data de composición e publicación, localización do manuscrito en caso de existir, colección á que pertence, lugar e data da estrea, etc.

A elaboración dun catálogo depende da cantidade e a calidade da información dispoñible sobre o compositor. Mozart, a partir de 1784, e Haydn elaboraron en vida senllos catálogos temáticos, aínda que quedaron incompletos.

As obras dalgúns compositores, especialmente da época barroca e clásica, catalogáronse posteriormente a eles, identificando cunhas letras que designan ao erudito ou musicólogo concreto que realizou a catalogación, seguidas duns números que identifican a obra, normalmente asignados por orde cronolóxica. Empregáronse diversos métodos, como a orde cronolóxica e o número de opus, ou segundo o criterio do propio catalogador.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar