Castromao, A Veiga

parroquia civil do concello da Veiga

Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 6 entidade de poboación (A Eirexa, o Fondo da Aldea, o Cima da Aldea, O Barrio, o Salgueiral e o Cubo), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 33 habitantes, sendo 20 homes e 13 mulleres.

Castromao
ConcelloA Veiga[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556Coordenadas: 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556
Poboación33 hab. (2014)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).

Patrimonio relixioso editar

 
Igrexa da Virxe da Asunción.

A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu retablo é de finais do século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesoado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados cos catro símbolos:

  • San Mateu: simbolízase cun anxo (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de Xesús.
  • San Marcos: simbolízase cun león, porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
  • San Lucas: simbolízase cun boi ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
  • San Xoán: simbolízase cunha aguia e a mirada dirixida ao sol porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.

Estas esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do manierismo en Galicia.

Patrimonio histórico editar

 
Fonte do Barrio.

Na parroquia de Castromao hai un recinto defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro está situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas, e conta cun antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de leste a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foxo e parapeto.

Patrimonio etnográfico editar

Fontes, lavadoiros, muíños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao.

Festas editar

As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Castromao editar

Lugares da parroquia de Castromao no concello da Veiga (Ourense)

Castromao | Cima da Aldea | A Eirexa | Fondo da Aldea

Parroquias da Veiga editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Veiga

Baños (San Fiz) | Candeda (San Miguel) | Carracedo (San Miguel) | Casdenodres (San Salvador) | Castromao (Santa María) | Castromarigo (San Miguel) | Corexido (Santo Estevo) | Corzos (Santiago) | Curra (San Miguel) | Espiño (San Vicenzo) | Hedreira (Santa Comba) | Lamalonga (Santa María) | Meda (Santa María) | Meixide (Santa María) | A Ponte (Santa María Madanela) | Prada (Santo André) | Prado (Santo Estevo) | Pradolongo (San Pedro) | Requeixo (Santo André) | Riomao (San Tomé) | San Fiz (Santa Catalina) | San Lourenzo (San Lourenzo) | Santa Cristina (San Tirso) | Seoane (San Xoán) | Valdín (Santa María) | A Veiga (Santa María) | Vilaboa (Santa Lucía) | Vilanova (San Pedro) | Xares (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar