Castro dos Prados

castro en Ortigueira

Coordenadas: 43°43′24″N 7°48′46″O / 43.72335, -7.8126777777778

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Castro dos Prados
ParroquiaEspasante
ConcelloOrtigueira
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15061002
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavación1987-1992
Estado actual?
Extensión estimada0,9 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Situación editar

Castro situado no concello de Ortigueira na provincia da Coruña, concretamente na parroquia de San Xoán de Espasante.

Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana.

Descrición editar

O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido.

Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.

O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto co de "Augas Santas" en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.

Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un as de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).

Galería de Imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar