Castilla y León Televisión

Castilla y León Televisión (CyLTV), cuxa razón social é Radio Televisión de Castilla y León, S. A., é unha empresa privada adxudicataria da única licenza de emisión da TDT de ámbito autonómico en Castela e León.

Castilla y León Televisión
Na rede
https://www.cyltv.es/
editar datos en Wikidata ]

O ente dispón de dúas canles de televisión: La 7, cunha programación común para toda a comunidade autónoma as 24 horas do día, e La 8, canle con desconexións territoriais, especializado en cada provincia. Tamén posúe dúas frecuencias de radio nas que emiten as emisoras Castilla y León esRadio e Vive! Radio.

O seu funcionamento comezou o 23 de xaneiro de 2009. Debido ao seu carácter privado, non pertence á FORTA. Como única televisión rexional de Castela e León, está obrigada por lei a emitir eventos de interese rexional que non teñan cabida nas cadeas de televisión nacionais, recibindo por iso subvencións do goberno autonómico.

O ente estableceu os seus principais centros de traballo en Valladolid, onde conta con dúas sedes principais, unha dela destinada aos servizos informativos e outra á área de produción propia. Dispón ademais de dez centros de produción territorial nas nove capitais de provincia da comunidade autónoma (Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora, na comarca do Bierzo (Ponferrada) e dunha delegación en Madrid.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar