O castelo de Navia é unha fortaleza medieval situado no centro urbano de Navia de Suarna.

Castelo de Navia
ConcelloNavia de Suarna
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°57′53″N 7°00′19″O / 42.96472222, -7.00527778Coordenadas: 42°57′53″N 7°00′19″O / 42.96472222, -7.00527778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRománico (séc. XI)
Estilo actual? (séc. XV)
Estado actualPropiedade privada. Vivendas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Situación editar

Sitúase no concello lugués de Navia de Suarna, ao nordeste da vila, sobre un risco de lousa dende o que domina o paso do río, que nese lugar é posible a través dunha fermosa ponte altomedieval.

Historia editar

A súa orixe remóntase ao século XI. No ano 1037 Rodrigo Gutiérrez entregouno como dote a súa esposa Senior. Co tempo pasou a mans dos Osorio e dos Altamira. No ano 1467 os Irmandiños destruíron o castelo, que foi reconstruído tempo máis tarde. Pasou despois a mans dos Losada Quiroga e a dos Freire de Andrade. Finalmente acabou nas mans do cura Manuel López Armesto que transformou o castelo nun edificio de vivendas, tal e como permanece hoxe en día.

Descrición editar

Nel mestúranse elementos antigos con feísmos e amaños modernos. A construción de orixe no século XI foi completamente reedificada no século XV e na actualidade está completamente deformada para facer dela vivendas particulares.