Castelo de Edimburgo

O Castelo de Edimburgo é unha antiga fortaleza situada no cumio do Castle Rock que domina as alturas da cidade de Edimburgo, o castelo constitúe o monumento máis visitado de Escocia. As primeiras construcións do castelo datan do século IX a.C, pese a isto poucas das estruturas actuais do castelo datan do século XVI.

Castelo de Edimburgo
monumento planificado

Castelo de Edimburgo
Coordenadas55°56′55″N 3°12′03″O / 55.9487, -3.20073Coordenadas: 55°56′55″N 3°12′03″O / 55.9487, -3.20073
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
Castelo de Edimburgo visto dende abaixo.

Historia e características editar

Como tódolos castelos, o castelo de Edimburgo foi un centro de actividade militar. Hoxe en día o castelo constitúe a única fortaleza dentro do Reino Unido cunha guarnición militar, aínda que só a emprega para cerimonias. O castelo tamén é a sede do Royal Regiment of Scotland e alberga o museo reximental da Scots real e Royal Scots Dragoon Guards. O gobernador militar do castelo é Euan Buchanan Loudon, comandante xeneral da segunda infantaría da segunda división da Armada británica. O ministerio británico de defensa, levou a cabo a administración do castelo ata 1923, cando a armada mudou cara aos Redford Barracks da cidade. Pese a isto o castelo segue a ter unha forte conexión coa armada inglesa.

Actualidade editar

Na actualidade o castelo está nas mans da Historic Scotland. Historic Scotland é unha axencia pertencente ó executivo escocés que trata de levar a cabo a explotación sostíbel do castelo, conservandoo e convertíndoo nun atractivo turístico da cidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar