Castelo de Andrade

fortaleza medieval en Pontedeume
Non confundir co Torreón dos Andrade, tamén en Pontedeume.
Non confundir co Castelo dos Andrade de Vilalba, Lugo.

O castelo de Andrade, tamén coñecido como fortaleza da Nogueirosa, é un castelo medieval, tamén coñecido en tempos como "Castelo da Fame". Desde a súa orixe estivo moi vinculado á poderosa familia dos Andrade.

Castelo de Andrade
ben de interese cultural
ConcelloPontedeume
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°23′29″N 8°08′09″O / 43.39142222, -8.13586667Coordenadas: 43°23′29″N 8°08′09″O / 43.39142222, -8.13586667
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XIII)
Estilo actual(En ruínas)
Estado actualVisita libre do exterior, patio e torre
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[1] ratificado en normativa posterior.[2]

Situación editar

Sitúase sobre un pequeno promontorio rochoso no lugar do Castelo, parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume.

Historia editar

Xa desde a súa orixe foi fonte de disputas. Mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, atopou a oposición do prior do mosteiro de Sobrado dos Monxes frei Esteban de Seixas, quen se negaba a súa construción e que incluso conseguiu paralizar as obras por un tempo. Pero o conde de Andrade, valido de Henrique II de Trastámara e de quen obtivera o territorio, rematou impoñéndose na disputa e a construción levouse a cabo.

A maioría do conxunto conservado é o resultado das obras comezadas no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza, probablemente do século XIII. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade.

Trala súa destrución no ano 1467 a causa das revoltas irmandiñas tivo que ser practicamente reedificado. Poucos anos despois, en 1486, foi un dos corenta e seis castelos aos que os Reis Católicos ordenaron o seu desmochado.

No século XIX foi obxecto dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba.

Descrición editar

 
Descrición do Castelo.

Trátase dun castelo de reducidas dimensións construído sobre a rocha viva da Pena Leboreira.

Unha porta con arco de medio punto permite o acceso ao patio de armas a través dun paso abovedado. O patio de armas ocupa 140 m² polos 100 m² da torre da homenaxe. A torre divídese en tres plantas, alcanza unha altura de 20 metros e os seus muros teñen un grosor medio de dous metros e medio.

Na primeira planta ábrense ao exterior estreitas seteiras de sección trapezoidal e baixo algunha delas pódense observar cazoletas empregadas para a recollida da auga da choiva. A segunda planta ábrese con ventás con arcos de medio punto conformando no interior estreitos parladoiros. Na terceira planta consérvase unha ventá xeminada que perdeu o parteluz. O castelo foi construído nun dos pasos de acceso á desenvocadura do río Eume, desde o seu alto domínase a vila dos Andrade.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar