Castelán filipino

O castelán filipino foi a lingua oficial de Filipinas dende o comezo do dominio español a finais do século XVI, até o remate da guerra hispano-estadounidense en 1898, cando se fixo cooficial xunto co inglés. Ademais de oficial, o castelán chegou a ser a lingua común e vehicular do país entre finais do século XIX e comezos do XX. En 1863, creouse un sistema de educación pública que impulsou considerablemente o coñecemento do castelán no país. O heroe nacional José Rizal escribiu a maioría das súas obras en castelán, ao igual que a maioría de escritores e pensadores do século XIX. A Revolución filipina articulouse en lingua castelá, e a Primeira República Filipina fundada en 1899 estabeleceu o castelán como idioma oficial. A primeira Constitución de Filipinas, ao igual que o himno nacional filipino, foron escirtos en castelán. Na primeira metade do século XX, o castelán estaba moi difundido nas grandes cidades. Era a lingua da prensa, da cultura, o comercio e, até certo punto, da política filipina. O castelán mantivo o seu status oficial (xunto co inglés e o tagalo) até 1973, status que tiña dende 1571.[1] A Proclamación Presidencial núm. 155 do 15 de marzo de devandito ano 1973, aínda en vigor, ordena que o castelán continuará a ser a lingua oficicial en Filipinas para todos aqueles documentos oficiais da época colonial que non foron traducidos á lingua nacional.

Castelán filipino
Outros nomes:Español filipino
Falado en: Filipinas
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán filipino
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

Despois da eliminación como lingua oficial en 1973, o castelán tamén foi eliminado como materia obrigatoria na universidade en 1987.

Notas editar

  1. "El idioma español en las Filipinas". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar