Castelán costarriqueño

O castelán costarriqueño é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Costa Rica. De maneira histórica, o país non foi unha colonia americana que espertase un profundo afán de poboamento, e mesmo durante o vicerreinado, foi a provincia máis setentrional de Nova España, polo que tivo unha influencia instrutiva case nula da coroa, o que incidiu directamente no particular desenvolvemento do seu xeolecto vernáculo.

Castelán costarriqueño
Outros nomes:Español costarriqueño
Falado en: Costa Rica
Total de falantes: 5 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán costarriqueño
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Costa Rica
Regulado por: Academia Costarriqueña da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

Malia o seu pequeno tamaño territorial, cada provincia do país conta con trazos distintivos na maneira de falar, acento e fonética. A provincia de Guanacaste ten moita influencia do veciño Nicaragua, o Val Central mantén unha liña en común, mais aínda así os ditos, expresións e fonética varían de provincia en provincia e mudan segundo a educación e clase social do locutor. A provincia do Caribe costarriqueño, Limón, amosa trazos totalmente propios na súa fala e cultura, influenciadas polo inglés crioulo e a inmigración xamaicana que se deu en devandita provincia. En Puntarenas consérvanse trazos do Val Central e Guanacaste, sendo ademais onde máis se rexistra o emprego do tuteo no país, ao sur preto da fronteira con Panamá.

Notas editar

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7