Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.

Modelo:Xeografía políticaCastañeda
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°18′41″N 3°55′41″O / 43.311388888889, -3.9280555555556Coordenadas: 43°18′41″N 3°55′41″O / 43.311388888889, -3.9280555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.160 (2023) Editar o valor em Wikidata (164,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie19,19 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude66 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataSantiago Mantecón Laso Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39660 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE39019 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaytocastaneda.com Editar o valor em Wikidata

O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.

Localidades editar

Economía editar

Tradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandaría, pero grazas ás industrias próximas e ao turismo, a actividade despregouse cara aos sectores secundario e de servizos.

Historia editar

Desde a Idade Media, cando Henrique II de Castela entregou estas terras en señorío a seu irmán o infante Tello de Castela, e Xoán II de Castela as instituíu en condado, Castañeda estivo vinculada durante a baixa Idade Media e todo o Antigo Réxime á casa dos Marqueses de Aguilar de Campoo cuxos primoxénitos ostentaron tradicionalmente o título de condes de Castañeda.

 
Vista de Pomaluengo.

Patrimonio editar

 
Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, do século XII.

Destaca a Colexiata da Santa Cruz, en Socobio, ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, é ben inventariado o muíño El Carabío, en Pomaluengo. Outras obras arquitectónicas destacadas son o Palacio da Gándara, da Idade Moderna, o Palacio de Larrinaga, dos anos 30 do século XX (Casa do Concello), a ermida de San Fernando no barrio de Colsa, con frescos do século XVI e a Torre do Reloxo en Pomaluengo, antigas escolas.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
1.112 1.127 1.323 1.417 1.566 1.496 1.668 1.635 1.616 1.604 1.423 1.770

Fonte: INE

Administración editar

As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 598 51,33 % 5
PP 465 39,91 % 4
  • Alcalde electo: Miguel Ángel López Villar (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 512 42,31 % 4
PRC 494 40,83 % 4
PSOE 107 8,84 % 1
  • Alcalde electo: Miguel Ángel López Villar (PRC).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar